11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

dos inéditos, a parcelas da vida cultural, social,

etc., que non coñeceriamos nunca se non fose

polos libros.

- A lectura desenvolve a capacidade de xuízo, de

análise e de espírito crítico. O neno e nena lectores

empezan así a preguntárense os porqués

das cousas.

- A lectura fomenta o esforzo porque esixe unha

colaboración da vontade. A lectura esixe unha

participación activa, unha actitude dinámica.

- A lectura fomenta a capacidade de observación,

de atención e de concentración. A lectura

pode ser a nosa aliada para promover e desenvolver

o hábito da atención.

- A lectura facilita a recreación da fantasía e o

desenrolo da creatividade.

- A lectura é un acto de creación permanente.

- A lectura cámbianos, deixa a súa pegada.

- A lectura favorece o desenvolvemento das virtudes

morais sempre que os libros seleccionados

sexan os axeitados.

- As lecturas fainos máis libres.

- A lectura potencia a formación estética e educa

a sensibilidade. Axúdanos a coñecernos a nós

mesmos e ós demais.

- A lectura é un medio de entretemento e distracción,

que relaxa, que divirte.

- A lectura é unha afección para cultivar no

tempo de lecer, un hobby para toda a vida e ó

alcance de todos

- A lectura é fonte de gozo, de pracer.

Tendo en conta tódalas vantaxes que proporciona

unha boa lectura adaptada ás necesidades

e características do grupo co que estamos a

traballar, non cabe dúbida algunha que canto

antes comecemos a posta en práctica na aula,

tanto mellor.

Descrición da práctica de aula:

Esta actividade lévase a cabo cun grupo de once

nenos e nenas de E.I. do C.E.I.P. " Manuel Fraga

Iribarne", no concello de Cariño, ó longo dun

período de tres cursos académicos, comezando

ós tres anos, momento no que os nenos e nenas

comezan a súa escolarización e concluíndo ós

cinco, cadrando co remate do ciclo.

A aula está dividida en recantos de actividade,

sendo un deles a biblioteca. Ó longo da

semana tódolos nenos e nenas pasan polo

devandito recanto. Entre as tarefas que teñen

que facer nel, unha delas é elixiren o libro que

levarán para a súa casa para facer a lectura

e o traballo correspondente durante a fin de

semana. Esta actividade prolongarase durante

todo o curso. Para o control do préstamo

96

séguese un sistema de anotación que será

explicado máis adiante.

(Biblioteca de aula)

Tódolos contos que se poden levar para a casa

están numerados, e utilizamos tantos números

como precisemos, algunhas veces en función

do número de contos que teñamos, outras en

función do espacio dispoñible para a súa colocación

dentro da biblioteca da aula. Temos

que esquecer a idea equivocada de que para

aprender o cinco teñen que saber antes o un,

dous, tres e catro. Os números apréndense en

función dos intereses que teña cadaquén. Se

che gusta moito o conto da "Carapuchiña

Vermella" e ten o número dez, aprenderalo moi

facilmente. Do mesmo modo aprenden máis

facilmente o número do seu xogador favorito,

da matrícula do seu coche, da canle de TV

que máis lles gusta, etc.

Por outra banda a escritura dos números non é

algo novidoso para eles. Trabállase diariamente

co calendario, soporte cheo de números

que lles proporciona información de como

flúen os días, o xeito de como se secuencian

os ritmos de traballo e descanso, números que

son días, follas que son meses, liñas que son

semanas, cores que son festas, santos, aniversarios,

vacacións..., rematando máis tarde

coa escritura da data nos seus traballos e no

taboleiro da aula.

Deste xeito estamos facendo actividades contextualizadas,

que teñen que ver co pensamento

e coa construcción dun significado

para os nenos e nenas. Créase unha situación

na aula que dá significado ás representacións

matemáticas. O préstamo de biblioteca é

unha situación real, da vida cotiá, que vai

proporcionar magnificas oportunidades para

o desenvolvemento do pensamento lóxicomatemático,

sempre que os nenos e as nenas

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!