10.07.2015 Views

LqfMF

LqfMF

LqfMF

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ApresentaçomDende 1995, a Federación de Asociacións de SOS Racismo do estado español vénanalizando a situación do racismo e a xenofobia en España e en Europa mostrando asdiferentes tipoloxías e espazos onde se manifesta: políticas de estranxeiría e asilo,ascenso da ultradereita, discriminación no traballo, acceso á vivenda, á educación,abusos de corpos policiais ou agresións racistas. Estas e outras cuestións analízanse nadécimo novena edición do Informe Anual.Non é doado definir cun adxectivo o que supuxo o ano 2013 en materia migratoria, unano que basculou entre a transición e o retroceso.Nalgúns aspectos foi un ano de conformación clara de tendencias xa marcadas en anosanteriores. Unha é o significativo descenso do número de inmigrantes. Segundo datosdo INE, un total de 547.890 persoas marcharon ao estranxeiro durante o ano 2013, dasque 79.306 eran de nacionalidade española. E aínda que os expertos seguen sen poñersede acordo respecto ao número de emigrantes que abandonaban o país, o certo é que en2013 a inmigración non foi un tema especialmente presente na axenda política. Seicaese descenso leva as institucións a entender que "o tema está tranquilo", o que denotaunha falla de interese nas necesarias políticas de integración a impulsar dende aAdministración. Proba diso é que por segundo ano consecutivo se suspende o Fondopara a Integración de Inmigrantes.Se no plano normativo foi un ano de transición coa aparición de novos permisos daman da Lei de Emprendedores, no xudicial cabe falar de retroceso coa STC 17/2013,ditada con case dez anos de atraso, en relación coa constitucionalidade dalgunhasdisposicións da LO 14/2003 e que considera axustado a dereito o acceso aos datos dopadrón por parte da policía.No ámbito da Unión Europea, en materia de inmigración e asilo, o ano 2013 estivomarcado ante todo polo tráxico suceso acontecido o 3 de outubro coa morte de máis detrescentas persoas tras o afundimento, fronte á costa de Lampedusa, do barco noque tentaban chegar a Italia. Este feito cando menos servíu para mostrar as vergoñas deEuropa cando un ano despois dase por finalizado o dispositivo de salvamento posto enpé por Italia, que malia recoller máis de 150.000 inmigrantes e refuxiados en alta mar,non evitou a morte de máis de 3.000 persoas afogadas. Substitúeo a Axencia Frontex,mediante a Operación Tritón, dirixida exclusivamente a protexer as fronteiras e "só deser necesario" a salvar náufragos. James Cameron, negouse a que Gran Bretaña formeparte dese dispositivo afirmando mesmo que salvar a vida a esas persoas produce un"efecto chamada". Dito doutro xeito, hai que deixar que se afoguen para frear así a súachegada ás costas europeas. Criminal, pero é o que, no fondo, aglutina os intereses dosgobernos da UE.16

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!