11.07.2015 Views

Descargar - Viento Sur

Descargar - Viento Sur

Descargar - Viento Sur

SHOW MORE
SHOW LESS
  • No tags were found...

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

da habilidade e as posibilidades de cadaquen, e que pode ser plural (variosescrevedores, varios receitores, etc.), e,outravolta, nun territorio cun conflitolingüístico serve para tomar partido, paradefinirse...Na Galiza, en certo modo ese conflicto édoble: existe ese conflito lingüístico coespañol, muito mais poderoso e forte que ogalego (por motivos a el alíeos), e por iso háxente e organizacións que traballan nosentido da normalización lingüística (porexemplo, A Mesa pola NormalizaciónLingüística); e existe outro conflito, que é oque há entre as diferentes conceicións do queé o galego, e do que debe ser (e este é oespinoso, discutido, politizado e até partidistatema da normativización). Así que na Galiza,como noutros outros muitos sitios, candooptas por unha língua ou pola outra, á horadefalar e á hora de escrever, estás tomandopartido por unha u outra postura, indainconscientemente: pola defensa dos dereitose a dignidade do idioma galego, epolodereito de todos e todas a empregá-lo ecoñecé-lo (hoxe, por lei, non temos a obrigade coñecer o galego, mas si o español) oupola postura, tal vez mais cómoda, de aceitaro predominio do español e relegar o galego aactos "litúrxicos " e folklóricos até queesmoreza. E cando optas por unha ou outramodalidade/norma do galego, NormativaOficial, Mínimos Reintegracionistas,Máximos, ou algunha outra variante, tamén teestas defindo e apresentando como es.Pero non pretendo falar da situaciónlingüística na Galiza. O que quero é falar dealgo que quizáis pareza estrano, e ao que nonse lie ten prestado muita atención, como é anormalización lingüistica do Estado español.O Estado español e xentes comanos. Gostemos da realidade ou non, parezanosben ou mal, bonita oufea, ou nos importeun rábano, o certo é que existe o Estadoespañol .gobernó, institucións, CCAA,Deputacións, Policía, Garda Civil, IRPF,DNI, CIF, Renfe, RTVE, Pasaporte,Compañía Telefónica, etc, etc.. E aparte detodo isto, nos próprios/as somos conscentes deque existe cando vemos a necesidade deconstruir e axudar a construir estruturas(sexan do tipo que sexan) que actúan neseámbito: dende apresentar-se ás eleicións aoParlamento do Estado e ao Senado, atédefender a necesidade dun proxecto editorialpara ese territorio que ofereza opinións quenos consideramos necesarias.Mas aceitar esa realidade, a existencia doEstado español, non supon aceitá-lo sen maisnen mais, nen renunciar a transformá-lo,modificá-lo, mellorá-lo ou destrui-lo.E non por querer transformá-lo, modificálo,mellorá-lo ou destrui-lo, debemosrenunciar a estruturas e proxectos que sexanúteis/que nos sexan úteis a todas aquetaspersoas que estamos por eses obxectivos. Perodende a pluralidade, o dereito á diferencia, álíberdade, á independencia... Se isto é así, sede verdade queremos construir unhaalternativa/muitas alternativas, e pensamosque unha revista é útil para iso, a defensa e aaceitación das opcións e opinións individuáise colectivas de cada quen deben serrespeitadas. Senón, é que non coincide o quedicemos que facemos co que verdadeiramentefacemos.VENTO SUR e as línguas. E no caso deVento <strong>Sur</strong>? Non é Vento <strong>Sur</strong>, entre outrascousas, algo de todo isto que eu digo/escrevo?Que problema existe entón en aceitar arealidade plurilingüe do Estado? Por que nondefender unha revista plurilingüe?Inda que resulte pouco científico, paratratar este tema conven facer dous grupos delínguas: I o o euskera, 2 o todas as outras.Seria necio negar que há xente no Estadoespañol que nonfala galego ou cátala, ouasturiano, ou... Pero tamén seria necioafirmar que estas línguas son totalmenteincomprensíbeis para esas persoas, sobretodo na escrita. Pode que un texto en galego,sexa mais difícil de lerpara un andaluz oupara un madrileño, por exemplo, que seestivese escrito en español, mas se o tema éinteresante para o leitor, fará o esforzó de lelo.Por que non por estar escrito en españolun texto vai ser lido por todo o mundo; hátextos en español que poden ser un auténtico116 VIENTO SUR Número 5/Octubre 1992

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!