14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

106

sur de Galicia, e mesmo non é allea á parte norte. A regresión das formas cantabamos,

cantabades etc. débese en boa parte a que se toma como modelo de

corrección o castelán e, en consecuencia, estas reprímense como vulgares.

En consecuencia, óptase polas formas cantabamos, cantaramos e cantariamos

(e cantabades, cantarades e cantariades) por seren as formas tradicionais

e manteren unha gran vitalidade no galego actual. Pola contra, no pretérito

de subxuntivo prefírense as formas proparoxítonas cantásemos e cantásedes,

maioritarias xa no uso moderno. A asimetría cantabamos, cantabades / cantásemos,

cantásedes dáse tamén en linguas como a italiana, onde cantavámo,

cantaváte manteñen a acentuación etimolóxica, mentres que en cantássimo,

cantáste houbo desprazamento acentual á vogal temática.

Andei, andaches etc. Dáse intencionadamente andar como modelo de

paradigma dos verbos da primeira conxugación. Espallados irregularmente,

sen formaren áreas compactas (convivindo ás veces nunha mesma localidade

e mesmo nun individuo), ao lado das formas regulares (andei, andaches...,

andara..., andase...) aparecen paradigmas irregulares no tema de perfecto:

andiven, andiveches..., andivera..., andivese... (analóxico de estiven etc.), ou

anduven, anduveches..., anduvera..., anduvese... (analóxico de estuven, estuveches

etc.). Andei... andara... andase... son as únicas que se documentan no

galego medieval; aínda que non hai por que descartar unha contaminación analóxica

con estar, paralela e independente da ocorrida en castelán, é preferible

favorecer a forma tradicional, fortemente representada aínda na fala viva, fronte

ás formas innovadoras andiven, anduven etc.

Andaches, varriches, partiches. A desinencia da segunda persoa de perfecto

era en latín -STI. En galego consérvase como -ste (cantaste, varreste, partiste)

nunha pequena zona nos concellos da Guarda e Tomiño; como -stes (ti

cantastes, varrestes, partistes) nunha franxa estreita entre Camariñas e Sanxenxo

ao longo das Rías Baixas; como -ches (cantaches, varriches, partiches)

en case todo o resto da Coruña e Pontevedra, así como na parte occidental de

Ourense e SO de Lugo; e como -che no resto de Lugo, Ourense e na maior

parte do galego exterior. Estas formas con -STI palatalizado xa aparecen documentadas

no século XIII, aínda co s sen asimilar ao ch: fezische, quisische etc.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!