14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

es procedentes das latinas rematadas en -AELUM, -ELUM, -OEDUM, -ENUM

(calquera que sexa o timbre da vogal tónica) e as formadas co sufixo -eo a

partir de verbos en -ear: ceo, receo, veo, feo, cheo, freo, arqueo, bloqueo

etc. Esta secuencia tradicional en galego facilita que os cultismos procedentes

de palabras rematadas en -EUM, esdrúxulas ou graves, se acomoden

en -eo; téñase en conta que, en xeral, a todo -U latino lle corresponde en

galego -o, e as palabras deste grupo non fan excepción: aéreo, arbóreo,

arxénteo, áureo, cetáceo, ciclópeo, coetáneo, consanguíneo, contemporáneo,

córneo, corpóreo, crustáceo, curvilíneo, cutáneo, erróneo, espontáneo,

larínxeo, linóleo, marmóreo, mediterráneo, momentáneo, núcleo,

óleo, óseo, pétreo, petróleo, purpúreo, rectilíneo, róseo, sanguíneo, terráqueo,

térreo, venéreo, violáceo, vítreo; apoxeo, arameo, ateo, camafeo,

corifeo, europeo, fariseo, filisteo, hebreo, himeneo, liceo, mausoleo, museo,

peritoneo, pigmeo, plebeo, reo, trofeo, xacobeo. Tamén os galicismos ou

catalanismos fideo e manteo.

Rematan en -eu as seguintes palabras patrimoniais, ou xa antigas: eu,

meu, teu, seu, chapeu, romeu, sandeu (fem. sandía), xubileu, xudeu (fem.

xudía). Tamén ten esta terminación a voz leu (pl. lei) ‘unidade monetaria de

Romanía’.

O portugués compórtase de modo en parte diferente debido a unha evolución

fonética particular: mantén a secuencia -eo nos cultismos esdrúxulos

(pétreo), mentres que os cultismos graves os acomoda en -eu (ateu, pigmeu),

debido a que nas palabras populares non ten senón as terminacións -éu (céu,

réu, véu) ou -eio (receio, feio, cheio, freio, arqueio, bloqueio), segundo as

súas propias leis de evolución fonética, diferentes das do galego común. O

galego mantén -eo patrimonial e, aínda que en certas zonas poida xerar un

iode sempre que haxa un hiato (a i-auga, ceio, cantaraia, deia), trátase dun

fenómeno asistemático: nun mesmo lugar poden darse feio e ceio, fronte a

cheo e veo, e aínda un mesmo falante pode usar indistintamente unha palabra

con iode ou sen el. Por esta razón, este fenómeno non debe reflectirse na

escrita. Habendo, por tanto, -eo, a acomodación dos cultismos pode ser regular,

tanto no masculino coma no feminino (europeo, europea; cf. port. europeu,

europeia).

59

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!