14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

deica un pouco hoxe por veces

deseguida hoxe en día pouco a pouco

deseguido inda pouco e pouco

despois logo preto

detrás mañá pronto

diante mentres seguido

en diante namentres sempre

en tempo noutrora tarde

endexamais nunca trasantonte

endoutro día o outro antonte xa

enseguida onte xacando

entón outrora xamais

entrementres para o outro día

hogano pasadomañá

Antonte. É a forma maioritaria en Galicia para designar ‘o día antes de

onte’. Para este mesmo concepto rexístranse na fala actual nantronte (que predomina

na provincia de Pontevedra) e noutronte, antronte, antontes, antointe,

antoite etc., en puntos illados. As formas antonte, antontes, antointe, antoite e

noutronte son aínda de formación transparente; nantronte e antronte son o

resultado dun cruzamento entre antonte e noutronte.

Normativamente debe ser preferida (á parte da forma analítica antes de

onte) a forma maioritaria e máis próxima á orixinaria: antonte.

Consecuentemente, para ‘o día antes de antonte’, ademais de trasantonte,

recoméndanse as formas analíticas antes de antonte e o outro antonte, de uso

tan frecuente coma a forma sintética.

Despois. É a forma maioritaria no galego moderno xunto coa súa

variante fonética dispois; escasamente documentadas están dempois, despós,

despous (e dispous). No galego antigo, ao lado de pois ‘despois’, había

depois, despois, depós, depús e despós, documentadas todas desde as orixes

do idioma.

173

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!