14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

deben evitarse. Con todo, hai formas aceptables como comenencia ‘interese’,

diferente xa do cultismo novamente reintroducido conveniencia. Nótese

que tamén hai casos como aparencia, beneficencia etc., que carecen de

ie xa en latín.

10.5. DISIMILACIÓN, METÁTESE E EPÉNTESE DE R

O r mantén, en xeral, a súa posición etimolóxica dentro da palabra,

independentemente das síncopes vocálicas: prado (< PRATUM),

cabra (< CAPRAM), disfrazar, labrar (< LABORARE), Carlos (< CARO-

LUS), merla (< MERULAM), tenro (< TENERUM), xenro (< GENERUM),

venres (< VENERIS). Hai, con todo, casos de metáteses xa consumadas:

bradar (< BALATRARE), prebe (< PIPER), preguiza (< PIGRITIAM), burgo

(< BRUCHUM).

Preguntar é a forma máis documentada na Idade Media e maioritaria

no galego moderno; correspóndese ademais co étimo *PRAECUNCTA-

RE. Debe ser, por tanto, a normativa.

Esporadicamente algunhas palabras perderon o r interno por disimilación

con outro r dentro da mesma palabra (arado, frade, madrasta,

padrasto, rodo, e mesmo o semicultismo propio, do lat. PROPRIUM, e

derivados, documentado maioritariamente sen o segundo r xa na época

medieval). Fronte a estes casos de perda por disimilación, en xeral houbo

unha tendencia á conservación da consoante, e por iso temos hoxe arrastrar,

rastro, rexistrar, rexistro, rostro etc.

A maioría destas palabras conservan tamén o -r- nos textos galegos

medievais. En troques, nos textos portugueses medievais vense xa

casos de perda xunto a outros de conservación; pouco a pouco foise

impoñendo a forma sen -r-, que hoxe é máis usual, chegándose ás

veces a diferenzas de significado, como rosto ‘cara dunha persoa’ / rostro

‘bico das aves’.

71

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!