14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

32

Escríbense con guión as palabras en que o primeiro elemento é non

(non-intervención, non-proliferación, non-aliñados, non-fumadores),

asociacións ocasionais non fixadas na lingua (dicionario alemán-galego;

estudos xurídico-económicos; condicións político-económicas; maníaco-depresiva;

épico-líricos; catalano-aragonesas), palabras complexas

como les-nordeste, les-sueste, nor-nordeste, nor-noroeste, oés-noroeste,

oés-suroeste, ou, finalmente, algunhas palabras estranxeiras: foie-gras,

fox-terrier, strip-tease, tse-tse, wáter-polo.

Para a grafía particular dos numerais, véxase 16.1. e 16.2.

3.2. O GUIÓN EN FINAL DE LIÑA

Emprégase o guión para partir palabras a final de liña; esta división

só pode facerse mantendo íntegras as sílabas dos dous segmentos. Os

dous elementos dun dígrafo non se poden separar, por constituíren a

representación dun son único: ce-/rra-/lleiro, ma-/chada, co-/rromper,

pre-/rrogativa, algu-/nha, ningu-/nha etc. Por razóns estéticas adoita evitarse

deixar orfa unha vogal a final ou a principio de liña.

Cando un guión que separa dúas palabras ou dous membros dunha

palabra complexa coincide en final de liña, cómpre repetilo ao comezo

da liña seguinte: dicionario galego-/-inglés.

3.2.1. UNHA CONSOANTE EN POSICIÓN INTERVOCÁLICA

Cando hai só unha consoante intervocálica, esta é sempre comezo silábico:

cla-/ri-/da-/de, cle-/ro, exa-/me, fei-/xe, sou-/to, sei-/xo, sa-/quei.

3.2.2. DÚAS CONSOANTES INTERVOCÁLICAS

Nas secuencias de dúas consoantes intervocálicas, na maior parte dos

casos a primeira fai sílaba coa vogal anterior. Neste caso, a separación silábica

faise entre as dúas consoantes: ac-/to, pac-/tar, ab-/dominal, ad-/mitir,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!