14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

disperso por todo o dominio, con bastante densidade aínda, aparece traguer;

hai tamén algunha salpicadura de traír (sempre en concorrencia con traer e

traguer) e unha pequena zona de trer no galego de Asturias. De modo paralelo,

as formas arrizotónicas do tema de presente (excepto o presente de subxuntivo)

teñen as variantes correspondentes: traemos, traedes, traía... traendo;

traguemos, traguedes, traguía... traguendo; traímos, traídes, traía... traíndo;

tremos, tredes, tría... trendo. Na primeira persoa do presente de indicativo e en

todo o presente de subxuntivo rexístranse os temas trai- (traio, traia, traias...),

formando unha área bastante compacta no galego occidental, e traig- (traigo,

traiga, traigas...), constituíndo unha área tamén bastante compacta no galego

oriental. Na 2ª e 3ª persoas de singular e na 3ª de plural do presente de indicativo

rexístranse, espallados de maneira irregular por todo o dominio do galego,

os temas seguintes: tra- (ti tras en 53 puntos dos 167 explorados para o ALGa;

el tra, nun punto; e eles tran, en 50 puntos); trai- (ti trais, en 22 puntos; el trai,

en 79; eles train, en 21); e trae- (ti traes, en 96; el trae, en 87; eles traen, en

108). Hai ademais algún esporádico traies, traie, traien e tragues, trague, traguen.

Con frecuencia nun mesmo punto existen dúas ou tres formas concorrentes.

No galego medieval o verbo era trager (lat. *TRAGERE, postulado por

todos os idiomas románicos). No tema de presente tiña dúas raíces: [traV-],

para a primeira persoa do presente de indicativo e todo o presente de subxuntivo

(trago, traga, tragas, traga...) e [traZ-], para o resto (trages, trage, tragemos,

tragedes, tragen, tragía..., tragerei, trageria, trager, tragendo). Só o

imperativo tiña formas algo anómalas: trei, treide.

As solucións modernas xustifícanse por unha substitución analóxica en

cadea entre os verbos aduzer (e dizer), fazer e trager:

1. As terminacións comúns aduzer, aduzes, aduz(e), aduzemos etc. (ou

dizer, dizes, diz(e), dizemos etc.) = fazer, fazes, faz(e), fazemos etc. provocaron

que faço, faça, faças etc. se transformasen en fago, faga, fagas etc., conforme

a adugo, aduga, adugas etc. (ou digo, diga, digas etc.). Desta maneira

resultaban nivelados na primeira persoa do presente de indicativo e todo o

presente de subxuntivo os verbos fazer e trager: fago, faga, fagas... = trago,

165

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!