14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

96

No galego moderno as formas ninguén e ningún rexístranse sempre con i

na primeira sílaba (o mesmo que o adverbio ningures); as variantes que se

rexistran con respecto a estas formas non afectan ao vocalismo da sílaba inicial

(niñún, ningúa etc.). Por outra parte, aínda que no galego medieval coexisten

as formas con ne- e con ni-, as segundas son as únicas documentadas

nalgúns textos (cf. 18.6). Esta solución é congruente coa de lingua, minguar

etc. En portugués a situación é diferente, pois a carón de ninguém hai nenhum

(e nenhures).

Para as razóns da escolla a favor de moito e canto, véxase respectivamente

10.2. e 10.1.

15.4.2. FORMAS DOS IDENTIFICADORES

outro, outra, outros, outras

calquera; quenquera

tal, tales

mesmo, mesma, mesmos, mesmas

propio, propia, propios, propias

o demais, a demais, os demais, as demais

o máis, a máis, os máis, as máis

certo, certa, certos, certas

determinado, determinada, determinados, determinadas

Calquera é a forma de case todo o territorio lingüístico galego, coa

variante calqueira rexistrada nalgún punto illado e motivada polo presente de

subxuntivo moderno do verbo querer. Recórdese que actualmente é sempre

invariable (pode facelo calquera, faicho calquera nena; colle un libro calquera,

colle uns libros calquera).

Para as razóns da escolla a favor de propio véxase 10.6.

As formas o máis, a máis, os máis e as máis son variantes tradicionais de

o demais, a demais, os demais, as demais: Vin eu só porque os máis (ou os

demais) tiñan outras cousas que facer. Fóra disto, teñen tamén o valor propio

cuantitativo de ‘a maior parte’: A máis da xente pronunciouse en contra.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!