14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

42

As palabras latinas semicultas e algúns préstamos antigos doutros

idiomas mudaron o l en r: aprazar, branco, brancura, brando, brasón,

compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar, empregar,

escravo, fraco, fraqueza, frauta, frecha, fretar, frota, frouxo, igrexa,

nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata, prato, praza, prazo, preamar,

pregar, preito, recruta, singradura etc.

8.2. GRUPOS BC, BD, BM, BN, BS, BT, BV E BX

Mantéñense sempre sen alteración: abdicación, abdicar, abdome,

abdominal, abnegación, abnegar, absentismo, ábsida, absolutismo,

absoluto, absolver, absorber, absorción, absorto, absurdo, abxurar,

insubmisión, obcecar, obnubilar, obsequiar, obsequio, observar, obsesión,

obsoleto, obter, obturar, obtuso, obviar, obvio, obxección, obxectividade,

obxectivo, obxecto, subcomisión, subconsciente, subdirector,

súbdito, submersión, subministrar, subsección, subsidio, subsistir,

subsumir, subtítulo, subxectivo, subxugar.

Sutil e a súa familia léxica (sutileza, sutilidade, sutilmente, sutilizar)

perderon o b desde as orixes do idioma.

8.3. GRUPO BS + CONSOANTE

Aínda que existe a tendencia popular a eliminar a primeira consoante

nas palabras con moito uso, na escrita débese manter a solución culta

con conservación do grupo: abstemio, abstención, absterse, absterxente,

abstinencia, abstracción, abstracto, abstraer, obsceno, obstáculo, obstinado,

obstruír, subscrición, subscrito, subscritor, substancia, substancial,

substantivación, substantivar, substantivo, substitución, substituír,

substituto, substrato.

Deben evitarse as formas *substraer, *substracción, *substraendo, tomadas

do castelán. O verbo latino de que derivan era SUBTRAHERE, polo que, se se adopta

o cultismo latino, débese utilizar subtraer, subtracción e subtraendo.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!