14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Advírtase tamén que esta mesma explicación xustifica a persistencia do -e

tanto en portugués coma en galego no presente de subxuntivo dos verbos en

-oar: amontoe, amontoes, amontoen; neste caso o o é pechado, pero isto é irrelevante.

Podemos observar que o -e se interpreta como [e] e non como [j] porque

a énclise do pronome non esixe o alomorfo no, na, nos, nas como ocorre

cando a terminación do verbo é realmente un ditongo: seino, hainas, leveinos,

moeunas etc., pero el móeo, el remóea.

Estas mesmas consideracións referentes a -es, -e, -en son aplicables aos

verbos en -aír, oír e -uír (vide 17.2.4.4).

Moio, moia etc. Presentan tamén unha mostra de solidariedade morfolóxica.

De MOLO e CADAM esperariamos mó (cf. FASEOLUM > *freixoo > freixó) e

*cá (cf. Triavada > Triabá). Para manter regulares as formas conservouse o

hiato (moo, *caa) e mesmo se reforzou cun -i-, que axuda a marcar a fronteira

silábica: moio, caia. Este -i- estendeuse despois a outras persoas, mesmo

cando non separaba vogais idénticas, para evitar irregularizar novamente o

verbo; así, conforme a caia fíxose caio e conforme a moio fíxose moia. (No

caso de caia, caio o -i- podería xustificarse tamén mediante un hipotético

*CADEAM, *CADEO, se temos en conta que CADE*RE pasou a *CADE¤RE en época

moi antiga). Hoxe caio, caia etc. son formas únicas en todo o galego; moio e

moia (fronte a moo, moa) son maioritarias. Esta é a razón pola que se escollen

as formas con -i-.

Sairei (vide 17.3.1, nota caberei).

Oír (vide 17.3.13).

17.2.4.4. Verbos en -uír

Verbos en -uír: argüír, -cluír (concluír, recluír...), diluír, estatuír,

fluír e derivados, imbuír, -stituír (destituír, restituír...), -struír (construír,

destruír...), -tribuír (atribuír, contribuír...). Son regulares:

119

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!