14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Aínda que todas elas son formas xeradas polo propio galego, a escolla

(feita xa realmente por toda a tradición literaria moderna) non ofrece dúbidas

en favor das maioritarias -che e -ches. Postos aínda a seleccionar unha forma

única, debemos inclinarnos en favor de -ches, porque é (polo menos demográfica

e literariamente) a maioritaria. Outro argumento, aínda, en favor da forma

-ches é o seguinte: na área de -che (cantache etc.) a énclise dos pronomes de

terceira persoa non é, normalmente, a esperada (cantácheo ou cantacho),

senón a que supón unha forma verbal acabada en -s (cantáchelo). Isto indica

que a área de cantaches (apoiada pola analoxía con cántalo, cantábalo, cantáralo,

cantaralo, cántelo, cantáselo) está gañando terreo a expensas da outra.

Varriches. Como vogal tónica na segunda persoa dos perfectos fracos dos

verbos da terceira conxugación hai sempre -í- (partiches). Nos da segunda pode

aparecer -í- (varriches) ou -é- (varreches). Xeograficamente aparece varriches,

e variantes, nunha extensa área que abarca a metade oriental das provincias da

Coruña e Pontevedra, a totalidade de Lugo e Ourense, e as falas galegas de

Asturias, León e Zamora. A pequena área restante usa varreches e variantes.

Na lingua antiga estas formas tiñan -í-: concebiste, prometiste, cometiste,

falecische, rompischi, tollische etc. Mesmo os perfectos fortes, que hoxe teñen

-é- [E] en case todo o territorio lingüístico galego, tamén se rexistran no galego

medieval moi frecuentemente con -í-: creviste ‘criches’, diste, dissisti, feziste

ou fezische etc. No galego de Asturias a vogal temática é i mesmo nos

perfectos fortes: dixiche, faíche ‘fixeches’.

Con estes datos de carácter cronolóxico resulta claro que as formas minoritarias

con -e- (varreste(s) ou varreche(s)) son as innovadoras fronte ás que

tiñan -i- (varriste(s) e varriche(s)). Estas son, xa que logo, lexitimamente galegas:

a desinencia latina -I*STI@ resólvese conforme ás leis fonéticas do galego

en -iste e -iche. A presenza de -e- ["e] (comeste(s), comeche(s)) xustifícase por

unha extensión analóxica a partir de comemos, comestes, comeron, comera,

comese..., que teñen -e- etimolóxico.

O ser unha forma tradicional e ocupar unha área máis extensa determina

a escolla a favor de comiches fronte a comeches.

107

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!