14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

verteríase en *fas (el fas), que era unha terceira persoa insólita, pois acababa

en -s, en contra do habitual; igualmente insólito era que a 2ª sing. do imperativo

acabase en -s (fas ou fais), cando o normal é que acabe tamén en -º; por

outra parte estaba o futuro farei, en que hai unha segunda raíz fa- (fronte ao

faz- esperado). O resultado foi a nivelación destas persoas coas do verbo haber,

que semanticamente é afín; así, segundo has, hai, han resultaron fas, fai, fan.

Na zona oriental, seguindo a proporción fai = poi (‘el pon’), creáronse as formas

analóxicas fais (= pois) e fain (= poin).

Escóllense como normativas as formas fas, fai, fan, por seren as de maior

extensión xeográfica e estaren xa consagradas pola tradición escrita moderna.

Fixen, fixera, fixese, fixer. Na fala actual ao lado da raíz maioritaria fix-

(fixen, fixeches, fixo, fixemos..., fixera..., fixese..., fixer...), que ocupa toda a

provincia da Coruña, Pontevedra case íntegra e a maior parte das provincias de

Lugo e Ourense, hai tamén unha raíz fiz- (ficen, ficeche(s), fizo, ficemos..., ficera...,

ficese..., ficer...), propia de puntos do galego oriental; e fig- (figuen, figueche(s),

figo, figuemos..., figuera..., figuese..., figuer...), en puntos illados de

Ourense, especialmente no SO. Aínda hai outras posibilidades, pero teñen

unha representación escasa (fex-, fez- etc.). Nos textos medievais o paradigma

máis común era fiz, feziste, fez(o), fezemos..., fezera..., fezesse..., fezer...; como

formas innovadoras aparecen documentadas xa no século XIII eu fige e eu fix

e ademais a raíz fiz- (en vez de fez-) en varias persoas, á parte da primeira do

singular do pretérito.

As formas galegas modernas coa raíz fiz- continúan o paradigma medieval;

as que teñen a raíz fix- débense a unha innovación galega motivada por

unha analoxía cos antigos quige, quigeste, quijo. Esta analoxía reforzouse no

momento en que as antigas formas disse, disseste, disso pasaron a dixen, dixeches,

dixo, xa na Idade Media. O criterio de área maior aconsella escoller como

normativas fixen etc., consagradas xa pola tradición escrita moderna.

143

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!