14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

tugués; pero nestas dúas linguas o v é labiodental e por iso practicaron sempre a

distinción gráfica entre b/v; en galego, como en castelán, en catalán (en xeral),

en gascón ou en vasco, parece que nunca houbo labiodental. Posiblemente houbo

primeiro unha diferenza entre o fonema /b/, bilabial oclusivo (representado graficamente

por b), e /B/, bilabial fricativo (representado graficamente por v); esta

oposición medieval (calquera que fose o trazo pertinente da correlación) posteriormente

desfonoloxizouse. Coa perda desta oposición as grafías b e v representaban

un fonema único, que se realiza como [b] ou [B] segundo o contexto,

en distribución complementaria: bilabial oclusivo en posición inicial ou tras

nasal e fricativo noutras posicións. Por esta circunstancia xa nos textos galegos

medievais aparecen grafías erradas (b por v as máis das veces). Desde o século

XV aumentan estas confusións; modernamente eliminouse a distinción gráfica

medieval por ser irrelevante, restituíndose unha grafía etimolóxica: b cando a

palabra latina tiña B, BB ou -P- e v cando tiña V, -F- e -PH-.

1.2. AS GRAFÍAS C, QU E Z

As grafías c, qu e z presentan usos específicos. Úsase z para representar

[T] (ou [s] no galego seseante) ante a, o, u (zapato, cazar, zoco,

cazo, zurrichar, azul), qu para representar [k] ante e, i (queixo, pequeno,

quilo, máquina), c co valor de [k] ante a, o, u (caro, macaco, contra,

pouco, cunca, bicudo) e de [T] (ou [s] no galego seseante) ante e, i

(cento, cocer, cinco, tecido). Polo tanto, as grafías son: ca, que, qui, co,

cu e za, ce, ci, zo, zu.

1.3. A GRAFÍA G

As grafías g e gu son complementarias: ante e, i úsase gu (guerra,

guiso); no resto dos casos úsase g (gando, gomo, gume, grolo, ignorar,

glosa, tuareg).

Para explicitar a pronunciación con gheada utilízase o dígrafo gh (ghato,

ghicho, amigho).

17

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!