14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

14

Na ortografía galega moderna utilízanse tamén os seguintes dígrafos

que representan un único fonema:

DÍGRAFO NOME PRONUNCIA

ch ce hache [tS]

gu gue u [g] (ou [©])

ll ele dobre [¥] (ou [J-])

nh ene hache [N]

qu que u [k]

rr erre dobre [r]

Os nomes románicos das letras proceden, en xeral, do latín. Os elementos

consonánticos do alfabeto romano soletreábanse, despois de Varrón, e en moitos

casos xa antes, apoiando o son da letra nun e anterior (cando a consoante era

fricativa ou líquida: ef, el, em, er, es) ou posterior (cando a consoante era oclusiva:

be, ce [ke:], de, ge [ge:], pe, te). Para o son oclusivo velar xordo había

tamén unha letra grega, k, que se chamaba ka porque así era a primeira sílaba do

seu nome grego (kappa). Tamén había unha letra q, que aparecía sempre en

combinación con u para indicar que se pronunciaba [kw], e de aí o seu nome

latino ku e romance cu, que se mudou en que por razóns eufemísticas. Todos

estes nomes mantéñense en galego con algunha adecuación ocasional: ef > efe,

em > eme (porque o galego non tolera palabras rematadas en -f ou -m) e tamén

ele, ene, erre, ese (por solidariedade).

O c latino pronunciábase [k] en calquera posición: COLLUM [kollum],

CERAM [ke:ram]. Nas linguas románicas occidentais, incluída a galega, conservouse

como [k] ante a, o, u, pero ante e, i transformouse en [ts] no galego

antigo: cinco ["tsiNko], cera ["tse|a]. No galego moderno resolveuse en [T]

(ou [s] nas áreas seseantes): cinco ["TiNko], cera ["Te|a] (ou ["siNko], ["se|a]).

Por iso, aínda que non hai documentación ininterrompida do nome desta

letra, é verosímil pensar que o nome latino [ke] fose cambiando sucesivamente

a súa pronuncia en [tse] e máis tarde en [se] ou [Te] (por non citar

outros estadios intermedios), segundo o C + e, i ía transformándose en [ts] e

[s] ou [T].

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!