14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

22

Este son non existía en posición intervocálica en latín nin na lingua medieval;

por iso carece de representación antiga. Os primeiros textos da época moderna

vacilan entre ua, umha, un a, un ha, unha etc., mais axiña se impuxo -nh- como

forma única, mantida como tal pola tradición escrita moderna ata a actualidade.

1.8. AS GRAFÍAS R E RR

Escríbese sempre r en posición inicial de palabra, en posición final

de sílaba e cando segue a outra consoante (rei, cortar, outro, tres, xenro,

honra). En posición intervocálica hai oposición /|/ e /r/, que se traduce

graficamente por r/rr (caro / carro, fero / ferro). Cando a unha palabra

que comeza por r se lle antepón outra ou un prefixo rematados en vogal,

non separados dela por guión, hai que duplicar a consoante: rítmico /

monorrítmico, rogativa / prerrogativa, redor / arredor, rei / vicerrei,

románico / iberorrománico.

1.9. A GRAFÍA X

O grafema x ten máis dun valor en galego moderno: nas palabras patrimoniais

pronúnciase prepalatal fricativo xordo (eixe, madeixa, xente, xaneiro);

nos cultismos conserva o valor latino de [ks] (sexo, taxativo). Pero a

tendencia normal da lingua é pronunciar nestes casos [s¡] (aproximar,

exame, éxito etc.), especialmente cando vai en posición implosiva (exterior,

externo). Para a adaptación gráfica de palabras cultas con x [ks¡], vide 8.7.

A grafía moderna non corresponde á medieval. O galego arcaico tiña un

son prepalatal fricativo sonoro, [Z], representado por g ou j (g˜esta, geada,

gente, janeiro, hoje, beijo), e un son prepalatal fricativo xordo [S], representado

por x (coxo, eixe, feixe, dixo, peixe, caixa, queixa, baixar). A diferenza do

portugués, do catalán, do francés ou do italiano, que conservan os sons sonoros

e teñen que os diferenciar graficamente dos xordos á maneira medieval, o

galego eliminou o son sonoro desde fins da Idade Media, polo que se fixo innecesaria

a dobre grafía, pois a pronuncia é sempre [S]. Por iso debemos escribir

da mesma maneira xente, xaneiro, xesta, hoxe, xeada e coxo, eixe, feixe, dixo,

peixe, caixa, queixa etc.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!