14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. A DIÉRESE

Úsase coa letra u para indicar que se pronuncia esta vogal nas sílabas

güe, güi, fronte a gue, gui: antigüidade, bilingüe, argüír, argüían,

lingüista, lingüística, mingüedes, ungüento etc.

Úsase tamén coa letra i na primeira e segunda persoas de plural dos

copretéritos de indicativo dos verbos rematados en -aer (caer, decaer,

recaer, traer, atraer, contraer, distraer, extraer), -oer (roer, corroer, doer,

moer, remoer), -aír (saír, sobresaír) e -oír (oír): caïamos, caïades, doïamos,

doïades, moïamos, moïades, oïamos, oïades, saïamos, saïades,

traïamos, traïades etc. A razón de colocar esta diérese é que o i forma

sílaba en por si (ca-i-a-mos), aínda que é átono. Desta maneira distínguense

estas formas das do presente de subxuntivo, en que o i forma

ditongo: caiamos, caiades (ca-ia-mos, ca-ia-des). Consecuentemente,

tamén levan diérese os copretéritos de indicativo dos verbos en -uír,

aínda que neles non haxa posibilidade de homonimia co presente de subxuntivo:

argüïamos, constituïamos, constituïades.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!