14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Tendo en conta que -o é innovación e que aínda hoxe non abarca senón

áreas xeográficas moi restrinxidas, adóptase como normativa a forma que ten

a desinencia u, que xa vén sendo usual na tradición literaria. Desta maneira

mantense, ademais, un sistema simétrico: comeu e partiu = cantou.

Andastes, varrestes, partistes. Na segunda persoa do plural dos perfectos

a desinencia máis común en todo o galego actual é -stes (cantastes,

varrestes, partistes). Ao lado desta, en zonas compactas pero descontinuas,

aparece unha forma hipercaracterizada con dous morfemas de segunda persoa

de plural: -stes (do perfecto) e -des (dos outros tempos): cantástedes,

varréstedes, partístedes. Estes resultados aparecen sobre todo arredor da ría

da Arousa, na zona de Fisterra e entre Pontedeume e Ortigueira. Noutra

zona, tamén compacta, arredor de Laxe, aparece unha forma (vós cantaches

etc.), con sincretismo da 2ª de singular e de plural (como en cantaras etc.).

Esporadicamente aparece tamén cantáchedes etc. (que é unha suma de cantaches

con cantades). Todas son formas xeradas espontaneamente polo propio

galego. Neste caso o criterio de área maior é suficiente para a escolla a

favor de cantastes etc.; é ademais a forma que se corresponde co galego

antigo e a que deriva directamente da latina -STIS.

Andase, andara. As formas en -ra funcionan tamén como pretérito de

subxuntivo; nalgunhas construcións mesmo son as únicas posibles: Se non o

fixeches, fixéralo. Non obstante, agás nestes últimos casos, recoméndase manter

ben discriminados os usos dos dous tempos (-ra coma antepretérito de indicativo

e -se coma pretérito de subxuntivo).

Futuro de subxuntivo. É un tempo desaparecido da fala viva, onde só

se mantén fosilizado en refráns e fórmulas. Porén, tivo un amplo uso na

época medieval e aínda a súa presenza é significativa na literatura decimonónica,

con continuidade, ás veces con usos incorrectos, na lingua literaria

do século XX. Así pois, dada a súa lexitimidade histórica e a súa rendibilidade

en certos rexistros lingüísticos, como por exemplo a linguaxe xurídica,

cómpre restaurar o seu uso, sempre dentro dos límites da corrección establecidos

pola gramática.

109

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!