14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3. O GUIÓN

O guión úsase para partir unha palabra ao final de liña, para separar

os dous membros en certas palabras compostas e para unir a variante alomórfica

-lo do artigo ao adverbio u: dicionario galego-inglés, u-la navalla?

De se usar o alomorfo -lo do artigo tras unha forma verbal ou

pronominal rematada en -s ou en -r, únese tamén con guión (cfr. 14.1):

tráiovo-lo libro mañá.

3.1. O GUIÓN NAS PALABRAS COMPOSTAS

A grafía das palabras compostas que son substantivos ou adxectivos

está en relación coa súa composición e morfoloxía.

De se realizar a flexión de xénero ou número nas dúas bases, estas

escríbense de forma separada: garda civil, gardas civís; porco bravo,

porcos bravos, porca brava; terza feira, terzas feiras. O mesmo ocorre

se a moción afecta ao primeiro elemento: moble bar, mobles bar; piso

piloto, pisos piloto; sofá cama, sofás cama.

Se a flexión se realiza só no último elemento ou se a palabra composta

é invariable, a unión entre os seus compoñentes prodúcese directamente:

cartafol, cartafoles; sapoconcho, sapoconchos; vacaloura,

vacalouras; mediodía, mediodías; socioeconómico, socioeconómica;

xordomudo, xordomuda; branquiazul, branquiazuis; vagalume, vagalumes;

benvida, benvidas; malhumor, malhumores; malpocado, malpocada;

lusquefusque, lusquefusques; reirrei, reirreis; fervellasverzas;

picafollas; limpachemineas; gardarríos; cabodano, cabodanos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!