14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

2.4. PALABRAS ESDRÚXULAS

As palabras esdrúxulas ou proparoxítonas levan sempre acento gráfico:

bárbaro, mágoa, tépedo, tónico, túnica.

2.5. ACENTUACIÓN DE I, U EN HIATO

Con independencia do establecido nas epígrafes precedentes, as

vogais i, u tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente

antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais

pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Así:

acentúo, aínda, baúl, caída, Coímbra, constituíu, egoísmo, miúdo, moía,

prexuízo, raíña, raíz, roía, ruído, saía, saín, saír, súa, traía, túa, xuízo

etc. Para os efectos de indicar que non forman ditongo coa anterior, as

vogais i, u tónicas non se acentúan graficamente cando entre estas e a

átona aparece o grafema h: prohibo.

Tamén cabería pensar en adoptar para estes casos o sistema de acentuación

do portugués, que nos levaría a non marcar a vogal tónica en recua ‘recúa’

ou en sabia ‘sabía’ (en troques, si en país), e, consecuentemente, a acentuar

récua ‘recua’ ou sábia ‘sabia’ (mais non saia).

Esa regra presenta, porén, algúns inconvenientes. Acentuar sábia supón

considerar proparoxítonas as palabras deste tipo, cousa que resulta discutible,

pois tan grave é sabia como saia, independentemente de que a secuencia -ia vaia

nun caso precedida de consoante e no outro precedida de vogal. Así pois, se tanto

saia como sabia son palabras paroxítonas, non semella xustificable dispensarlles

un tratamento distinto, sobre todo tendo en conta que isto nos levaría a incorrer

nunha nova incoherencia, a de acentuar caía mais non valia ‘valía’.

Polo demais, sendo necesario, conforme se dixo antes, acentuar graficamente

Araúxo, cafeína, egoísmo, país etc., empregando o acento para indicar

que a vogal con el marcada é silábica, non hai razón ningunha que aconselle

non facelo tamén nos casos de había, María, río etc.

25

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!