14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

156

poñía, poñiamos, poñiades, poñían; poñede; poñerei, poñerás etc.; poñería,

poñerías etc.; poñendo.

Na época medieval non hai senón põér; põémos, põédes; põía etc., sempre

acentuadas na desinencia. Destas formas, por motivos analóxicos diversos,

orixináronse os resultados duplos citados antes. Por unha parte, segundo a

equivalencia poño = teño, pões = t˜ees, põe = t˜ee, põen = t˜een, poña = teña,

poñas = teñas etc., creouse un infinitivo acentuado na raíz, pór = tér (< t˜eér),

e así o resto das formas da primeira serie: pomos = temos, pondes = tendes etc.

(nótese que ter, temos, tendes etc. eran orixinariamente tamén formas arrizotónicas:

t˜eér, t˜eémos, t˜eédes etc., pero aquí a crase vocálica está xustificada por

seren vogais idénticas). Neste proceso de redución de -oé- > -ó- (poémos >

pómos), que tamén se dá en portugués, aínda hai unha forza máis a colaborar,

naquelas zonas do galego en que -ões se reduce a -ós (calções > calzós; pões

> pos): esta forza reside nas equivalencias do tipo pos = dás, que provocan que

a equivalencia se estenda a pór, pomos (= dar, damos). Por outra parte, dos presentes

poño, poña, poñas etc. extraeuse unha raíz poñ- que se xeneralizou ao

resto das formas arrizotónicas do tema de presente: poñer, poñemos, poñendo,

poñerei etc.

Un caso algo especial constitúeo o copretérito. As formas medievais eran

põía ~ po˜ıa ~ poíña ~ puíña. Estes dous últimos resultados tiñan un hiato -oí-,

-uí- habitual no galego (cf. moíño e muíño). A substitución de poíña (~ puíña),

poíñas (~ puíñas) etc., por poñía, poñías etc., é tamén analóxica, similar á de

põer, põemos por poñer, poñemos. En troques, ao paso a puña, puñas etc. puido

contribuír tamén a analoxía con tiña, tiñas etc. (lémbrese que a analoxía co

verbo ter foi a que provocou tamén o paso de poér > pór, poemos > pomos,

como se indicou máis arriba).

Desde un punto de vista normativo calquera dos resultados (pór e poñer,

pomos e poñemos etc.) é aceptable, porque ambos os dous son galegos. Xeograficamente

a extensión de pór é algo máis reducida ca a de poñer; en

troques, historicamente, a solución pór é a máis documentada. Parece recomendable

darlle preferencia a poñer, que é máis produtivo como base para

formar derivados (poñedora, pero non *podora).

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!