14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

40

cambios para se acomodaren ao sistema da nosa lingua. Así: PELLICULAM >

película, DORMITORIUM > dormitorio, EXPERIENTIAM > experiencia etc.

Debido a este triplo resultado, pódese dar a posibilidade en galego de que

teñamos unha mesma palabra latina con tres formas romances ou, máis habitualmente,

con dúas. Así: PLANUM deu chan ‘superficie da terra que pisamos’

(pop.), o medieval de pran ‘certamente, realmente’ (semic.) e plano ‘liso’,

‘deseño’ (culta); PLENUM deu cheo (pop.), prea(mar) (semic.) e pleno (culta);

CLAVICULAM deu chavella ‘peza do carro’ (pop.), caravilla ‘tipo de fecho’

(semic.) e clavícula ‘óso do ombro’ (culta). Tamén se poden citar formas alotrópicas

coma artello (pop.) e artigo (semic.), cabido (semic.) e capítulo

(culta), chave (pop.) e clave (culta), chamar (pop.) e clamar (culta), chantar

(pop.) e plantar (culta) etc.

No tocante ás agrupacións de consoantes, a adaptación gráfica dos

cultismos e dos préstamos faise de acordo cos criterios xerais seguintes:

a) Mantense a grafía -cc- nos cultismos cando corresponde á pronuncia

[kT], coma en acceso, acción, micción etc.

b) Mantéñense os grupos formados por dúas consoantes que pertencen

a sílabas distintas, isto é, que forman grupo heterosilábico, sempre

que non se trate dunha consoante dobre: obxecto, apto, administrar,

atmosfera, máximo [ks¡¡], magma, nafta, himno; acusativo (< ACCUSATI-

VUM), cominar (< COMMINARE), gama ‘serie’, ‘abano’ (< gamma), casete

(< cassette). Deste comportamento exceptúanse algunhas palabras de

circulación restrinxida ou aínda non plenamente adaptadas, coma súmmum,

gamma ‘letra grega’, enneasílabo, kappa, razzia, pizza, así coma

os derivados formados por un prefixo rematado en -n e unha base produtiva

iniciada por n-: circunnavegar; connatural, connotar; ennobrecer;

innato, innecesario, innegable, innervar, innobre, innomeable,

innovar, innumerable. Téñase en conta que existen formas populares

como connosco, ennegrecer, ennobelar, ademais das secuencias verbo +

pronome persoal átono do tipo chámannos, víronnos, collerannos, sempre

coa pronuncia [Nn].

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!