14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

16

En latín empregábase un mesmo grafema para o son vocálico [u] e o

semiconsonántico [w]: sub [sub], auis [awis]. Posteriormente [w] converteuse

en [B] (["aBe]) e máis tarde en varias linguas en [v] (['ave]); pero non había ningunha

letra específica que permitise distinguir este novo son do son vocálico

[u]: tanto se escribía u en tua coma en uoluer; para diferenciar o u vocálico do

consonántico chamóuselle ao último u ve e máis tarde uve. A partir do Renacemento

difundiuse o hábito de representar o u consonántico por v e desa

maneira quedou salvada a ambigüidade gráfica do u medieval.

Ademais destas letras úsanse tamén outros signos, como j (iota),

ç (cedilla), k (ka), w (uve dobre) ou y (y grego), que aparecen tanto en

palabras tomadas doutros idiomas (Jefferson, Eça de Queirós, Kant, kantiano,

Darwin, darwinismo, wagneriano, byroniano etc.) coma, nalgúns

casos, en textos galegos medievais.

1.1. A GRAFÍA B E V

O b e o v representan un son único. O galego non ten un son labiodental

fricativo [v], distinto de [b] e [B], como teñen o francés ou o portugués.

Nestas linguas a grafía actual depende da pronuncia: escríbese b

cando é bilabial (port. bala, saber, receber, bico, besta, branco; fr. boire,

bec, bête, blanc) e v cando é labiodental (port. vala, dever, vinho, viver,

povo, cavalo; fr. voire, devoir, vin, vivre, cheval). No galego moderno,

como non hai distinción fonolóxica, téndese á distinción gráfica conforme

á etimoloxía (saber, recibir, gabián, goberno, billa, marabilla, móbil,

automóbil, bolboreta, bico, besta, branco, deber, pobo, cabalo, cantabamos,

bidueiro, ribeira..., pero viño, vivir, avó, avoa, varrer, vasoira,

verza, voda, vulto, covarde, esvelto, gravar, avogado...).

No galego medieval as grafías b e u (consonántico) non eran arbitrarias; a

cada unha delas correspondíalle unha pronuncia e unha etimoloxía diferentes: b

procede de -P-, B- e -BB- latinos (saber, boca, abade) e u de V-, -V-, -B-, -F- e

-PH- latinos (uiño, leuar, caualo, devesa, Estevo). Estas grafías concordan máis

ou menos coas que perviven aínda hoxe nalgúns idiomas como o francés e o por-

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!