14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

1.5. AS GRAFÍAS LL E Ñ

As consoantes palatais /¥/ e /≠/ represéntanse, respectivamente,

por ll e ñ.

Tendo en conta que a grafía románica se forma a partir da latina e que

moitas palabras románicas son de etimoloxía transparente, os escribas medievais,

alfabetizados en latín, adoptaban as letras do alfabeto romano para a

representación dos sons románicos correspondentes aos latinos. Pero as consoantes

palatais presentan un problema especial, porque o latín, mesmo o latín

medieval, as ignoraba, e as que xorden nas linguas románicas teñen, en xeral,

orixe múltipla. Isto é o que sucede co /¥/ e co /≠/. O /¥/ galego resulta da palatalización

de L nos grupos latinos LI + vogal (FILIUM > fillo), LLI + vogal

(ALLIUM > allo), LLE + vogal (MALLEUM > mallo), -LL- + - ¸ final de palabra

(MARCELLI > Marcelle), e tamén dos grupos romances C'L, G'L, T'L e B'L (OCU-

LUM > oclu > ollo, TEGULAM > tegla > tella, SITULAM > sitla > sella, TRIBULUM

> triblu > trillo). O /≠/ procede da palatalización de N nos seguintes grupos:

NI+ vogal (SENIOREM > señor), NE + vogal (VINEAM > viña), MNI + vogal (SOM-

NIARE > soñar), LNE + vogal (BALNEUM > baño), -GN- (LIGNA > leña); tamén

acaba reaparecendo como /≠/ nas secuencias -INU, -INA > -iño, -iña (VINUM >

v¸)o > viño, GALLINAM > gal¸)a > galiña). Isto é o que provoca na scripta arcaica

(latinizante) certa vacilación de letras: l, ll (e ocasionalmente li) para /¥/

(filo, fillo, filio) e n, nn, ñ (e ocasionalmente ni, nni) para /≠/ (senor, sennor

etc.). Aínda así, esta vacilación sería tolerable se non houbese tamén fonemas

non palatais que precisasen daquelas letras; pero estes fonemas tamén os

había: eran o /l/ explosivo, procedente de LL, e o /n/ explosivo, procedente de

NN, que se representaban tamén por l e por n (ela, pano) ou, conforme á etimoloxía,

por ll e por nn (ella, panno). Había ademais as secuencias [li], [ni],

[lj] e [nj], romances ou en cultismos, grafadas normalmente como li e ni (valia,

folia, capelania, animalia, armenio); e había tamén [¥i] e [≠i], grafados, normalmente,

li ou lli, ni ou nni (collia, grunnia).

Esta scripta en que non se fai discriminación gráfica entre /l/ e /¥/ nin entre

/n/ e /≠/, baseada na etimoloxía (con abundancia de solucións ultracorrectas),

dura en territorio galego ata o século XIV. Isto significa que as grafías ll ~ l e

19

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!