14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

172

Aí. No galego antigo era i, grafado ás veces hi (como u ~ hu) ou y. Semanticamente

o seu valor era o dun derivado pronominal, máis amplo ca o do actual

aí, similar ao y do francés moderno. O a- protético foi gañado polo paralelismo

con aquí e alí, que o teñen etimolóxico. O -h- con que se viña escribindo non tiña

senón unha xustificación diacrítica. O uso do acento permite diferenciar aí de ai,

co cal resulta redundante e inxustificado o uso castelanizante do -h-.

Preto. No galego moderno non se rexistra senón preto, que ten unicamente

valor adverbial (sinónimo de cerca). No galego antigo documéntase preto maioritariamente,

tanto con valor adverbial (‘cerca’), coma adxectivo (‘negro’); hai

tamén algún testemuño escaso de perto. En portugués, a través dunha especialización

fonético-semántica, viven as dúas formas: perto ‘cerca’ e preto ‘negro’.

Normativamente non cabe escoller senón preto, por ser practicamente

forma tradicional e por ser case a única representada na fala de hoxe.

U. Este adverbio interrogativo só se usa seguido de artigo determinado ou

formas átonas do pronome persoal de 3ª persoa en enunciados sen verbo: u-lo

meu sombreiro?; tráeme a chaqueta, e ula? Pero non *ulos puxeches?

18.2. DE TEMPO

a cada canto ao outro día / ó outro día de alí a pouco

a cada pouco ao pouco / ó pouco de aquí a pouco

a deshora ao raro / ó raro de camiño

a destempo aos poucos / ós poucos de cando en cando

a diario arestora de cando en vez

a miúdo arreo de momento

a tempo ás veces de raro en raro

acotío asemade de tempo en tempo

agora atrás de vez en cando

aínda axiña decontado

antano cando decontino

antes cedo decote

antes de antonte cerca decotío

antonte daquela deica pouco

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!