14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Paralelamente, o g latino pronunciábase [g] ante calquera vogal:

GALLUM [gallum], GELARE [gelaÜ|e]. Nas linguas románicas consérvase como

[g] ante a, o, u, pero ante e, i transformouse en [dZ] e despois en [Z] na época

antiga: gear [dZe"ar] > [Ze"ar]. Na actualidade o [Z] medieval enxordeceu en

[S], confluíndo, deste modo, co [S] procedente doutras orixes. Entón o nome

da letra latina ge [ge], aínda que non está documentado de modo ininterrompido,

debeu de pasar, entre outras etapas, polas de [dZe] e [Ze]. En galego

moderno o esperado sería [Se], mais resulta incongruente nomear unha letra

cun son consonántico que non representa nunca o g na grafía galega moderna.

Por iso é preferible designala co nome gue, adecuándolle o soletreo á

pronunciación.

O h latino chamábase ha, pronunciado [ha] mentres o latín tivo aspiración,

e aha, pronunciado [aka] ou [akka] (cf. NIHIL > nichil > aniquilar); de

acca resultou o italiano acca e o francés ache (máis tarde hache porque parecería

incongruente que a letra non figurase no seu nome); do francés pasou

o nome da letra a outras linguas, entre elas a nosa; o nome portugués agá formouse

a partir de aha [a"ha], con substitución do son aspirado polo gutural

máis próximo.

A letra z non existía no alfabeto romano; foi introducida no latín para

representar o son [dz] dos préstamos gregos (baptizare) e máis tarde foi adoptada

para o son románico [dz] procedente das sonorizacións e asibilacións de

C + e, i (fazer, juizo) e doutras similares; este son [dz] pasou a [s] ou [T] no

galego moderno.

Un caso especial é o do x. Esta letra chamábase en latín eks ou iks, pero

ningunha lingua románica conserva derivados patrimoniais procedentes

daquelas denominacións. No seu lugar aparece o cultismo (máis ou menos

adecuado) ou ben unha denominación nova acorde coa pronuncia. Consecuentemente,

en galego poderiamos chamarlle ex [eks¡] ou ix [iks¡] (adoptando o cultismo)

ou ben xe [Se], segundo o modelo be, de etc., tomando para o soletreo

o seu son máis común. Esta segunda solución é a máis axeitada, sen prexuízo

de que o cultismo poida tamén ser usado para referirse á pronuncia [ks] dos

cultismos.

15

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!