14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Con todo, axiña se foi introducindo a variante dezer (con vogal radical -e-, eliminando

desta maneira a secuencia -i...er, infrecuente en verbos da segunda).

Quizais tras das formas dezía e similares, que xa se documentan ao lado de

dizía nas Cantigas de Santa María, nos Miragres de Santiago, na Crónica

Xeral, na Crónica Troiana etc., hai un infinitivo dezer (aínda que pode haber

tamén dezir, dizer ou dizir; nestes dous últimos casos dezía sería variante de

dizía por disimilación de vogais). O que é seguro é que tras do xerundio dezendo

das Cantigas de Santa María hai forzosamente un infinitivo dezer, rexis-

trado tamén nun documento de Montederramo do 1291 e noutro de Ourense

do 1292, e que volvemos a achar noutros documentos do século XV. Tamén

pide un primitivo dezer o contradezer que usa Gil Vicente (1523). Esta forma,

ou a que xa ten o -z- enxordecido (decer), aparece en diferentes textos galegos

dos século XVII e XVIII. Segue aparecendo con abundancia no século

XIX nos primeiros textos do Rexurdimento e aínda hoxe non esmoreceu totalmente

na fala viva. Dezer continúa tamén dialectalmente en portugués. Pero

en galego o antigo dizer non é substituído só por decer, senón por dicir e

decir. O infinitivo dezir encontrámolo xa nun documento de Ribas de Sil de

1405, e coa grafía desyr noutro de Rianxo de 1457. Sarmiento, que escribe a

mediados do século XVIII, non usa senón estas dúas formas (dicir ~ decir);

nos textos do século XIX citados antes aparecen tamén estas mesmas formas

(ao lado de decer). Na lingua oral moderna continúanse usando as dúas

variantes, aínda que na escrita adoitaba dárselle preferencia a decir. A forma

dicer ou dizer empregada por algúns escritores modernos non ten apoio na lingua

actual.

Dizer é unha forma definitivamente morta en galego. Para substituíla acudiuse

a decer, que harmoniza a vogal radical coa temática, ou a dicir, que harmoniza

a vogal temática coa radical, evitando así un verbo de vocalismo

insólito. O paso de dizer a dezer ou decer foi favorecido polas formas en que

a vogal temática era tónica (dizer, dizendo, dizemos, dizedes > decer, decendo,

decemos, decedes, segundo o modelo de temer, temendo, tememos, temedes).

O paso a dicir foi favorecido por aqueles casos en que a 2ª e 3ª conxugacións

estaban neutralizadas: dizes, dize, dizen, dizía, e mesmo digo, diga, dixe; estas

formas fan imprevisible un infinitivo dizer ou dicer e mesmo favorecen o paso

á terceira, que é, das dúas, o modelo produtivo. Tanto decer coma dicir están,

137

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!