14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

62

De maneira análoga, adóptanse tamén sen nasal final os cultismos:

abdome, ditame, exame, nume, réxime, vexame, xerme... Deben mesmo

escribirse sen -n as palabras glute, lique, pole, seme, pois non hai razón filolóxica

ningunha para separalas das anteriores. Exceptúanse o latinismo

lumen (unidade da física do sistema internacional) e o bretonismo dolmen.

O portugués mantivo a nasalidade primitiva (homem, virgem, ordem, ima-

gem etc.) e aínda a estendeu analoxicamente a algunhas outras palabras

(nuvem, ontem) e de modo sistemático ás palabras formadas co sufixo galorrománico

-age (homenagem, linhagem, viagem etc.). Como xa se indicou, as

palabras tradicionais procedentes dos neutros latinos en -MEN resolvéronse en

-e tanto en galego coma en portugués (lume etc.). Pero os cultismos son tratados

polo portugués de modo vacilante: en xeral, suprime -n (ditame, exame,

vexame etc.), algunhas veces manteno (sémen, líquen, pólen, glúten) e en bastantes

casos admite as dúas solucións (ligame / ligâmen, abdome / abdômen,

germe / gérmen etc.).

Advírtase que a evolución da nasalidade da terminación medieval -˜e é

paralela tanto en galego coma en portugués á doutras vogais finais átonas nasalizadas.

Compárense as formas medievais órfão, Estévão, órgão, orégão..., que

se manteñen en portugués en órfão, Estévão, órgão, orégão e que en galego se

resolven en orfo, Estevo, orgo, ourego.

9.14. MASC. -ÁN / FEM. -Á, MASC. -ANO / FEM. -ANA

Nas palabras populares, a terminación latina -ANUM presenta tres

solucións distintas no dominio lingüístico galego: -ao/-án/-á (irmao /

irmán / irmá). En troques, a correspondente forma feminina -ANAM só

ten dous resultados: -á/-án (irmá / irmán).

Estas formas pódense atopar na fala con distintas combinacións, pero

desde o século XIX os escritores veñen mostrando unha preferencia polo

seguinte esquema, hoxe unanimemente aceptado na lingua escrita:

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!