14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Hai outras formas que tiñan orixinariamente o grupo coa-, que se

reduciu a ca-, como no grupo cua- xa citado: callada, callado, callar,

calleira, calleiro, callo ‘presoiro’. O grupo coa- mantense nos cultismos:

coagulable, coagulante, coagulación, coagular, coágulo.

Aparece ga- en gadaña, gadaño, galardón, galdrapo, garda, gardar,

gardián. Tamén en préstamos como garantía, garantir, garita etc.

Noutras palabras aparece gua-: guante, guapo, guata.

E, finalmente, a solución go- aparece en gorir (tamén guarir), gorecer

(tamén guarecer), gornecer (tamén guarnecer).

Os derivados e compostos manteñen a evolución da palabra primitiva

sobre a que se forman. Por tanto, agardar, gadañar, gadañeiro, gardabarreira,

gardalama, gardarríos, gardarroupa etc.; garda civil, garda

forestal, garda mariña etc.; gornición (tamén guarnición); gorida

(tamén guarida) etc.

Son dialectalismos cuando (e condo), cuanto (e conto), cuase, cuasemente

etc.; guadaña, guardar etc.; coallar etc.

10.2. DITONGO OI

O ditongo resultante das secuencias latinas a) O*CT b) O¤CT, U*CT, U¤CT,

U*LT; c) ORI + vogal, URI + vogal na maior parte do territorio galego é oi:

a) noite, oito; b) troita, loita, froita, loito, moito; c) coiro, lavadoiro,

vasoira, agoiro.

Con todo, existen zonas reducidas en que se dan outros resultados:

unha zona do occidente da Coruña presenta sempre ui (nuite; luita,

muito; lavaduiro, varreduiro etc.); o sur de Pontevedra presenta tres

resultados, segundo os casos: a) oi: noite; b) ui: luitar, muito; c) ou:

vasoura; na franxa máis oriental do dominio lingüístico galego alternan

69

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!