14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

8.6. GRUPO -CD-

Mantense o grupo en todos os casos: anécdota, anecdotario, anecdótico,

sinécdoque.

8.7. GRUPO [kS¡] (GRAFÍA -X-)

Mantense sempre na grafía como x: aproximar, asfixia, axila, axilar,

axioma, bórax, convexo, elixir, exacto, exame, exceder, excelente, exceso,

exclamar, exilio, eximir, éxodo, exótico, explosión, extra, galaxia,

hexágono, laxo, léxico, maxilar, nexo, reflexionar, sexo, sexto, sílex, sintaxe,

téxtil, texto, tórax, tóxico.

Na lingua escrita doutros períodos era frecuente representar o x latino nas

palabras cultas por s, debido á tendencia usual a pronuncialo desta maneira,

especialmente en posición implosiva (*testo, *misto, *esame, *esilio etc.).

Convén escribir x para non romper a coherencia cos outros grupos que manteñen

a consoante oclusiva: exame, exacto conforme a acto, lección, técnica,

obsequio, cápsula etc. Escribindo s romperíase a coherencia na mesma familia

léxica: de conexión / conectar, reflexión / reflectir, galaxia / galáctico, profilaxe

/ profiláctico, sintaxe / sintáctico etc.

Por todas estas razóns é preferible usar x, aínda que esta grafía teña o

dobre valor de [ks¡] e [S] e poida haber algúns casos de lectura equívoca. Na

maioría deles pódese facer ben a distinción, tendo en conta que no galego

común [S] non pode aparecer nunca en posición implosiva (extensión, excepto,

expugnar, excelente) e que na maioría das palabras en que aparece x co valor

de [ks¡] se trata de elementos ben coñecidos: ex-, exo-, extra-, taxi-, xeno-, xiloetc.

En moi poucos casos a grafía pode levar a unha dobre lectura, sen que, por

outra parte, isto afecte á identificación e ao significado da palabra.

Con todo, algunhas voces moi populares, documentadas xa deste modo

en textos medievais, así como os seus derivados, deben escribirse con s:

escava, escavar, escavación, escavadora; estender (pero extensión, exten-

45

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!