14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

lado de conciencia), delicuescencia, delicuescente, descendencia, descender,

discente, discernir, disciplina, discípulo, escindir, fluorescente,

imprescindible, incandescente, inflorescencia, piscina, plebiscito, prescindir,

proscenio, rescindir, rescisión, suscitar etc.

Nas palabras patrimoniais houbo redución do grupo a -c-: apacentar,

nacer, necio, pacer. Sucede isto sempre nos verbos en -ecer, sexan de formación

latina ou romance: coñecer, crecer, florecer, parecer etc.

8.16. GRUPO SC- INICIAL

O grupo latino sc + e, i simplificouse en c- en palabras de entrada

antiga: ciencia (e familia léxica), cetro, ciática, cirro, cirrose, cisma (e

cismar, cismático etc.). Nas de entrada máis recente o grupo mantense

apoiado nun e protético: escena, escenario, escenografía, escepticismo,

escéptico, escindir, escintilar, escisión, esciúrido etc. O mesmo ocorre

sempre que ao grupo consonántico sigan a, o, u ou consoante: escándalo,

escola, escorpión, escribir, escrúpulo, escultura etc.

O grupo inicial sc-, igual ca calquera grupo iniciado por s (+ cons.),

toma un e protético. Así, conforme a espírito, estrutura, esquema, esmalte,

esmeralda, específico, espectáculo, esfera etc., tamén escándalo, escama

etc. Ante e, i, o c- en galego antigo pronunciábase [ts]; desta maneira resultaba

un grupo sc- de dúas consoantes co mesmo punto de articulación (isto

é, [sts]), que se resolveu en [ts]. Unha vez que c ante e, i adquiriu unha pronuncia

interdental [T], distanciada da de s [s¡], as palabras incorporadas

modernamente ao idioma deben seguir a norma xeral: mantemento das dúas

consoantes e adopción dun e- protético. En portugués sc- ante e, i pronúnciase

modernamente [s], e isto explica que siga sendo de regra a simplificación

do grupo nas palabras cultas (cena, cenario etc.). A solución galega é,

ademais, congruente coa dada arriba para palabras do tipo discípulo, descender

etc.

51

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!