14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

PRESENTACIÓN Á EDICIÓN DE 2003

A Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983), na súa disposición adicional,

recoñécelle á Real Academia Galega o criterio de autoridade para establecer a normativa

e ditaminar cal é o uso correcto da lingua. Pídelle tamén a súa actualización e

revisión en función do proceso de normalización do uso do galego. A nosa Institución,

atenta aos cambios que a sociedade demanda, cumpriu este mandato. Nesta liña

débense interpretar as modificacións á Norma levadas a cabo en 1995 e as efectuadas,

con maior profundidade, no ano 2003.

Para levar a cabo esta reforma, e como garantía de maior acerto, a Real Aca demia

Galega nomeou unha Comisión de Estudo, integrada por catro académicos numerarios,

tres representantes dos Departamentos de Filoloxía Galega das tres Universidades de

Galicia e un representante do Instituto da Lingua Galega. A Comisión estudou durante

varios meses os cambios que, ao seu criterio, deberían introducirse na normativa.

Os resultados do traballo da Comisión foille presentado á Real Academia Galega, quen

os aprobou na sesión plenaria celebrada o 12 de xullo de 2003.

O modelo lingüístico proposto baséase fundamentalmente na lingua viva falada

polo noso pobo, limpa dos elementos alleos que non son necesarios, tratan de seguir a

mellor tradición histórica, buscan que nel se sinta representada a maioría dos falantes,

e procura ser coherente coas demais linguas de cultura.

A busca da concordia lingüística explica que se introducisen aspectos asumibles

doutras propostas normativas. Esta é a razón da inclusión de solucións dobres, al -

gunhas das cales xa estaban presentes nas normas anteriores pero quizais non formula -

das coa suficiente claridade.

Estamos seguros de que as Normas que hoxe presentamos, que non supoñen cambios

radicais con respecto ás anteriores, terán unha acollida social favorable e mesmo

entusiasta. Esperamos que sexan un punto de encontro para todos, o que nos permitirá

avanzar decididamente no proceso de normalización da nosa lingua.

XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ

Presidente da Real Academia Galega

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!