14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

escriver, xa minoritaria na época medieval, esmoreceu sen deixar rastro. Das

outras dúas, escribir (documentada xa a mediados do século XIII), é practicamente

a única forma do galego moderno, mentres que escrever é a forma do

portugués. Tendo en conta que escribir é forma galega desde sempre e que

hoxe apenas hai testemuños de escreber en territorio lingüístico galego, a escolla

da forma que se xustifica no uso maioritario non ofrece dúbida.

Con respecto a vivir, viver, a segunda é a forma antiga, pero xa no século

XIV empezan a documentarse formas como viviu, que poden supor un infinitivo

vivir. Nin na fala actual nin na literatura galega moderna aparecen testemuños

de viver, de non ser como portuguesismo consciente. A neutralización

fonolóxica de b/v, xa antiga en galego, fixo imposible que prosperase a solución

vever (paralela á de decer) e mesmo a de vevir (paralela a decir) (ambas

documentadas por Huber), porque darían lugar a homonimias ocasionalmente

embarazosas; formas do tipo vevía, vevías (que son o resultado da disimilación

de vivía, vivías etc., e posiblemente non copretéritos dos escasos vever e vevir),

non deron callado. Con vistas a propoñer unha forma normativa vale tamén o

dito a propósito de dicir e escribir, coa vantaxe de que neste caso non hai

senón unha solución moderna: vivir.

Dis, di, din. Na fala viva hai fundamentalmente dous dominios: dices,

dice, dicen, que ocupa todo o galego oriental e puntos illados no S de Pontevedra,

e dis, di, din, que ocupa A Coruña e Pontevedra e o occidente de Lugo

e de Ourense. Na época medieval as formas correspondentes eran dizes, dize

ou diz, dizen, de onde proceden as do portugués moderno.

As formas apocopadas son xenuinamente galegas e xustifícanse da seguinte

maneira: a forma antiga diz (de 3ª p. sing.) reduciuse a di por analoxía con dá

(nótese que dicir e dar teñen unha base morfolóxica común en varias formas:

direi = darei, diría = daría, di = dá etc.). Nas zonas de seseo final, hai unha causa

coadxuvante: despois da desafricación e do enxordecemento do -z, diz quedaba

convertida en *dis, que foi interpretada como di + -s, cunha desinencia -s insólita

nunha terceira persoa; por iso foi reducida a di (isto é, di + -º). Non é, sen

dúbida, casual que as formas dis, di, din aparezan na área de seseo final (hoxe

propagadas contra oriente) e dices, dice, dicen onde non o hai.

139

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!