14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

84

O encontro da preposición a co artigo masculino o(s) resólvese graficamente

como ao(s) ou ó(s). A pronuncia correcta, sexa cal for a súa

representación, é [O], que é a única que se rexistra en practicamente todo

o dominio lingüístico galego.

Para a concorrencia da preposición por cos artigos determinados, vide

14.1.1.

Con máis a resólvese na fala en coa ou en ca. Establécese como normativa

coa e non ca porque, estando as dúas formas vivas na fala de hoxe con

vitalidade semellante e alternando nun mesmo lugar e aínda nun mesmo falante,

a forma plena coa debe ser favorecida sobre a forma reducida e innovadora

ca. Desta maneira mantéñense tamén diferentes a contracción de con + a e

a conxunción comparativa ca.

A adopción da preposición para como forma estándar (vide 19, nota) impide

a súa contracción gráfica co artigo. En caso de necesitar usar a forma reducida

pra, esta contrae co artigo en pró, prá, prós, prás: cantan os galos pró día.

Estas contraccións realízanse tamén cando o artigo dos topónimos

vai precedido dunha destas preposicións: veño da Coruña, estou na

Pobra do Caramiñal, vou ao/ó Carballiño.

Mais non se realizan cando a preposición non rexe o substantivo

determinado polo artigo: antes de os galos cantaren.

14.1.2.2. ENCONTRO DO ARTIGO COA CONXUNCIÓN COMPARATIVA CA

O encontro da conxunción comparativa ca co artigo determinado

represéntase ca o(s), ca a(s) ou có(s), cá(s) (é máis ruín ca o / có demo,

Betanzos é máis pequeno ca A / cá Coruña), aínda que a pronuncia xeral

é [kO], [ka:].

De adoptárense as formas contractas, escríbense con acento para marcar

a diferenza de articulación entre co (con + o) e có (ca + o), cos e cós,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!