14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

72

A forza da disimilación de r nunca chegou a ser operativa no galego,

que mesmo nalgúns casos favoreceu o fenómeno contrario: restra,

restreba, restrollo.

Ademais destes casos de repercusións de r, a epéntese desta consoante

afecta a un número grande de palabras, especialmente no contexto

st + vogal: estrela, estropallo, estralar, estraloque, mastro, congostra...;

croque, faldra... Nalgunhas destas palabras xa non existe a variante sen

r, mentres que noutras as dúas variantes se reparten dialectalmente.

10.6. ENCONTROS VOCÁLICOS

Na lingua escrita do século XIX e da primeira metade do XX era frecuente

o uso do apóstrofo para representar certas elisións vocálicas que

se producen ao se encontraren a vogal final dunha palabra e a inicial da

seguinte, cando pertencen ao mesmo grupo fónico. Na ortografía actual

non se utiliza o apóstrofo, e nos casos de elisión optouse ou ben pola

amálgama das dúas palabras (do, no, deste, naquel etc.) ou ben pola grafía

plena de cada unha delas (entre as árbores). Aínda que non se represente

graficamente este fenómeno, as palabras que acaban en -e,

especialmente as gramaticais, perden na fala a vogal final cando van

seguidas doutra palabra que comeza por vogal (vide 6): desde América

["dezDa"mE|ika], dixo que andara moito ["diSokan"da|a"mojto], este amigo

[es¡ta"miVo], preguntou se había traballo [preVun"tows¡a"Biatra"Ba¥o],

sempre anda con contos ["s¡Em"prandakoN"kontos¡], deixoume alí

[dej"Sowma"li].

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!