14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

c) Tamén se manteñen en xeral os grupos de dúas consoantes explosivas:

ctenóforos, gnomo, mnemotécnico, pneuma, psicópata, pterodáctilo,

atlas, ínclito, perplexo etc.

d) En posición implosiva normalmente non se admiten grupos de

dúas consoantes, salvo cando a segunda é s: obsceno, adscribir, externo

[ks¡], construír, circunstancia, perspectiva, bíceps, relax [ks¡¡]. Nos

demais casos normalmente pérdese a segunda consoante do grupo: ártico

(lat. ARTICUM), punción (lat. PUNCTIONEM), tintura (lat. TINCTURAM).

Con todo, algúns préstamos estranxeiros manteñen excepcionalmente

as dúas consoantes en final de sílaba, polo menos graficamente: zinc,

hínterland, round, lord, golf, windsurf, búmerang, cámping, iceberg,

kirsch, sketch, folk, sprint, test. Da mesma maneira, escríbense con consoante

dobre final palabras como full ou jazz.

8.1. GRUPOS BL, CL, FL, GL, PL, TL

Estes grupos mantéñense inalterados nos cultismos e nos préstamos

ou formacións recentes: ablativo, ablegado, ablución, aclarar,

atlántico, atlas, atleta, blasfemar, blindar, bloque, bloquear, bloqueo,

clamar, clan, claridade, clarificar, clarín, clarividente, claro, clase,

clasificar, cláusula, clemencia, clero, clima, cloro, club, exemplo,

explicar, flamante, flan, flexión, flor, fluxo, glaciar, gladiador, glándula,

glicerina, globo, gloria, glosa, incluír, influír, oblación, oblata,

oblicuo, oblongo, obliterar, placa, plano, planta, plasma, plástico, plátano,

platino, plaxio, plenario, pluma, plumaxe, plural, problema, proclamar,

proclítico, publicar, público, reflexión, subliminar, sublingual,

subliñar, templo, troglodita.

Para a partición de palabras a fin de liña, téñase en conta que nalgún

dos exemplos citados bl é heterosilábico (ablegado, obliterar, subliminar,

sublingual, subliñar).

41

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!