14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

todas as partes, pero con maior densidade, formando case unha área compacta,

na metade occidental de Galicia; queipo, queipa aparecen de modo

esporádico só no N.

No galego medieval non temos documentacións para a primeira persoa do

presente de indicativo; hainas, en troques, para o presente de subxuntivo: cabia

e caiba, e mesmo caibia.

As formas antigas cabio e caibo, cabia e caiba (e mesmo caibio e caibia

con anticipación de iode) son as esperadas historicamente do lat. CAPIO, CAPIAM

(obsérvese o paralelismo con agua, auga, augua). Estas formas continúan no

galego actual. Cabo, caba etc. (igual que chova, como, durmo etc., ant. chovia,

comio ~ coimo, dormio etc.) son formas analóxicas innovadoras. As variantes

híbridas queipo, queipa son castelanismos, motivados quizais polo escaso arraigamento

do verbo caber, que está sendo suplantado polo semanticamente afín

coller.

Normativamente non cabe escoller senón entre as formas galegas e de

entre elas debe descartarse cabo, caba por ser unha innovación aínda non

consumada; entre cabio/caibo, cabia/caiba etc. débese dar preferencia á

segunda por ser, das dúas, a maioritaria, e por ser a solución congruente con

poida e queira.

O dito neste comentario vale tamén para as formas correspondentes de

saber, coa excepción da primeira persoa do presente de indicativo, que é sei.

Tamén cómpre advertir que na maioría dos casos hai coincidencia caiba/saiba,

pero non necesariamente.

Couben, coubera, coubese, couber. Para o tema de perfecto no galego

actual rexístranse as seguintes raíces: coub-, dispersa por todo o dominio galego,

pero formando unha rede bastante densa na parte occidental (case compacta

na provincia da Coruña); coup-, dispersa tamén por todo o galego, pero

predominantemente na zona oriental; cab- (fraca), tamén esporadicamente ao

longo das Rías Baixas. No galego histórico unicamente se documentan formas

coa raíz coub-.

131

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!