14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

9.2. -CIÓN, -SIÓN

Mantéñense os dous sufixos nas palabras cultas: acción, admiración,

aliteración, atención, bendición (ao lado da forma patrimonial beizón),

canción, codificación, composición, condenación, disolución, edición,

educación, emigración, emoción, indicación, lección, manipulación,

nación, perturbación, restauración, vacación etc.; admisión, concesión,

confesión, división, evasión, excursión, expansión, invasión, lesión, ocasión,

previsión, revisión, televisión, versión etc.

Levan -zón palabras patrimoniais como doazón, razón, sazón, torzón,

traizón etc.

A historia destes sufixos e terminacións é diferente en galego e en portugués.

En galego existe hoxe a variante tradicional -zón e as cultas -ción, -sión;

o portugués ten -ção, -zão e -são. Na época medieval as formas máis estendidas

eran -zon, -çon, -son e -sson; pero posteriormente a historia de cada un dos

dous idiomas seguiu rumbos diferentes. O portugués (á parte de conservar a

sibilante sonora fronte á xorda) mudou esta terminación en -zão, -ção, -são e

-ssão e acomodou a este resultado todas as palabras cultas que foi introducindo,

obrando así cun criterio diferente ao usado para a terminación -cio, -cia. O

galego incorporou todas estas palabras cultas, coa acomodación fonética indispensable

da terminación latina (FRACTIONEM > fracción), seguindo un criterio

similar ao adoptado coa terminación -cio, -cia e cos cultismos en xeral.

9.3. -NTE

Esta terminación permite formar adxectivos ou substantivos sobre a

base dun verbo. Os que o fan sobre verbos da primeira e da segunda conxugacións

manteñen inalterada a vogal temática correspondente: cantante,

camiñante; valente, crente, nacente, crecente.

Os relacionados con verbos da terceira conxugación, pola contra,

non presentan un resultado uniforme. Os máis deles son cultismos que

55

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!