14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

15.4.3. CONTRACCIÓNS

Algún e outro, cos seus femininos e plurais, contraen coas preposicións

en e de: nalgún, nalgunha...; dalgún, dalgunha...; noutro, noutra...;

doutro, doutra... Con alguén e algo non se marca contracción

na escrita.

Se o cuantificador ou o identificador está iniciado por un(s), unha(s)

ou por o(s), a(s) (uns cantos, un pouco, o demais, o máis, ...), as contraccións

son as indicadas para os artigos (vide 14.1.2. e 14.2.2.).

O indefinido un(s), unha(s), cando actúa como adxectivo, presenta

as mesmas contraccións ca o artigo indeterminado (vide 14.2.2): falounos

duns problemas que non demos entendido; cuns veciños podemos

falar, con outros é imposible. Cando se usa como pronominal xeralmente

represéntase a contracción coas preposicións de e en, dando lugar ás

formas dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s): están sempre a falar mal

dun; a resposta hai que buscala nun mesmo; por contra, non se representa

na escrita a contracción coa preposición con: tanto se comprometía

con un coma con outro; cada domingo ía ao teatro con unha, nunca

o viamos coa mesma rapaza.

15.5. RELATIVOS, INTERROGATIVOS E EXCLAMATIVOS

Para o relativo e interrogativo ou exclamativo o galego ten catro formas:

dúas sen variación de xénero e número, que e quen; outra que admite

morfema de plural, cal (pl. cales); e outra que pode ter morfemas de

xénero e número, canto (canta, cantos, cantas). Existe ademais un relativo

posesivo cuxo, que presenta flexión de xénero e número (cuxa,

cuxos, cuxas).

Aínda que na lingua popular o relativo cuxo non ten uso, a lingua

culta moderna recuperouno a partir da forma medieval cujo.

97

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!