14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

20

nn ~ n tanto podían representar un son alveolar (coitello ~ coitelo, castello ~

castelo, fallar ~ falar, anno ~ ano, donna ~ dona, enganno ~ engano) coma

palatal (fillo ~ filo, batalla ~ batala, consello ~ conselo, sanna ~ saña ~

sana, sennor ~ señor ~ senor). En territorio portugués sucedía o mesmo,

mais aquí empezaron a usarse desde o reinado de Afonso III (1248-1279) lh

e nh (tomadas da lingua de oc), co valor específico de /¥/ e /≠/; desta maneira

quedaban reservados l e n (ou mesmo ll e nn) para /l/ e /n/. Esta reforma

ortográfica debida a Afonso III de Portugal é case descoñecida nos documentos

medievais galegos, que a partir do século XIV tenden a especializar

l e n para os fonemas alveolares e ll e nn (ou a súa forma abreviada ñ) para

os fonemas palatais. Xa queda advertido que ll e nn eran meros grafemas sen

máis motivación ca a etimolóxica (e non sempre, porque había moitas palabras

que se grafaban con ll e nn de modo ultracorrecto); deste xeito quedaban

dispoñibles para seren utilizados co valor especializado de /¥/ e /≠/. Estas

grafías foron as utilizadas de forma practicamente unánime na tradición

escrita galega ata hoxe.

Un caso paralelo ao do galego para a representación do /¥/ é o do francés,

aínda que nesta lingua acabou triunfando a grafía ill (conseiller); con todo, hai

ll tras i (fille).

1.6. O N EOM IMPLOSIVOS

Cando unha consoante nasal está en posición implosiva, gráfase

como m se lle segue b ou p dentro da mesma palabra, e como n en todos

os demais casos: camba, ambos, campo, tempo; pero non bebe, nin pode,

convén, inverno, ensinar, condenada, inmigrante, comunmente, alguén

etc. En cultismos e préstamos o m pode aparecer tamén en posición final

e diante doutras consoantes: álbum, amnesia.

A excepción introducida en caso de seguir p ou b débese a unha reposición

latinizante, que vén sendo aceptada de forma unánime por todas as

linguas irmás.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!