14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

56

se remontan á correspondente forma latina, no canto de se formaren

sobre o verbo romance, polo que presentan como vogal temática e ou

ie: maldicente, maledicente; producente, contraproducente; incidente,

reincidente; transixente, intransixente; lucente, relucente; escribente;

constrinxente; insurxente; influente, confluente, afluente; vivente,

supervivente; consecuente, subsecuente etc.; ou expediente, conveniente,

proveniente, interveniente, nutriente, recipiente, saliente,

sobresaliente etc. Só uns poucos verbos da terceira conxugación presentan

unha forma nominal con vogal temática i: concluínte; contribuínte;

saínte; seguinte, conseguinte; oínte ou ouvinte; constituínte,

reconstituínte.

Sobre os verbos durmir e servir os derivados esperados deberían

presentar -ie- (como cultismos) ou -i- (como derivados romances). En

lugar destas formas rexístranse como patrimoniais dormente (adx. e

subst.) e servente (subst.).

9.4. -MENTO

Os substantivos formados con este sufixo manteñen en todos os

casos a vogal temática do verbo que lles serve de base: acabamento,

regulamento; esquecemento, coñecemento; revestimento, resentimento,

seguimento, sentimento.

Son unicamente os derivados de verbos da segunda os que presentan

algún problema, posto que non é infrecuente ver escrito coñecimento, padecimento

etc., con -i- (coma en castelán e portugués). Tanto no galego actual

coma no medieval son absolutamente maioritarias as formas en -emento

(atrevemento, entendemento, nacemento...); por teren apoio na fala e seren

patrimoniais, estas son as escollidas como normativas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!