14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

52

8.17. GRUPO -ST-

Este grupo consonántico é frecuente nas palabras patrimoniais, e

non adoita presentar problemas na escrita do galego. Un caso especial é

a alternancia de formas do prefixo post-/pos-: escríbese post- cando vai

seguido dunha base que comeza por vogal (postelectoral, postoperatorio);

úsase pos- cando vai seguido dunha base que comeza por consoante

(posclásico, posguerra, pospoñer).

8.18. ALGUNHAS OBSERVACIÓNS SOBRE A PRONUNCIA DOS

GRUPOS CULTOS

A consoante implosiva dos grupos cultos consonánticos, do tipo cc,

cd, cn, x [ks¡], ct, bc, bm, bs, bt, bv, bx, ps, pt, pn, mn, gm etc. pronúnciase

xeralmente relaxada, e mesmo pode desaparecer. Cando estes grupos

consonánticos van precedidos das vogais e ou o, estas realízanse

sempre con timbre aberto [E], [O]: obxecto [oB"SEkto].

Nos grupos cc, cd, cn, ct, dm, dn o primeiro elemento pronúnciase

[k] ou [d], con maior ou menor grao de relaxación, e mesmo pode desaparecer.

Pero é incorrecta a pronunciación deste elemento como interdental

[T].

O primeiro elemento dos grupos cultos gm e gn pronúnciase como

velar sonoro (un g relaxado) ou mesmo como un ene velar [N], mais

nunca como aspirado.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!