14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

128

Cumprir, fundir. Advírtase que estes verbos teñen cada un dúas acepcións

ben diferenciadas: cumprir ‘completar’ e ‘ser mester’; fundir ‘derreter’ e

‘render’ Só coas respectivas segundas acepcións teñen alternancia.

Fuxe ti. Para o timbre vocálico desta persoa do imperativo, tanto en galego

coma en portugués, véxase o dito en 17.2.5.2.1 a propósito de sirve ti.

Fuxo, foxes. O sistema galego medieval separaba mellor ca o actual os

verbos sen alternancia dos que a tiñan. En xeral, presentábana os que en latín

tiñan -O*- (DORMIRE); despois incorporáronse os que tiñan -O¤- ou -U*-

(-CUTERE, BULLIRE, COPERIRE, CONSPUERE, *INGULLIRE, RUGIRE, SUFERRE, TUSSI-

RE, SURGERE); carecían normalmente de alternancia os que en latín tiñan -U¤-

(LUCERE, -DUCERE etc.). Modernamente, nos verbos patrimoniais mantense a

situación medieval, coa excepción de lucir, que se incorpora ao grupo dos verbos

con alternancia. Os verbos que entraron por vía culta adheríronse en bloque

ao grupo dos que non tiñan alternancia, tanto se tiñan -U*- (-CUMBERE, FUNDERE,

URGERE etc.) coma se tiñan -U¤- (-LUDERE, NUTRIRE etc.).

Actualmente hai unha tendencia a regularizar o paradigma dos verbos

do tipo fuxir, mantendo como vocalismo radical sempre u (fuxo, fuxes, fuxe

etc.); esta tendencia é paralela á que tamén opera nos verbos do tipo servir

(sirvo, sirves etc.); con todo, a alternancia nos verbos do tipo fuxir mantén

maior vitalidade ca nos do tipo servir. Para a escolla como normativo do

paradigma con alternancia véxase o dito en 17.2.5.2.1, nota seguir, advertir

e repeler.

Durmir, dormir. Advírtase a seguinte falta de paralelismo: os verbos que

teñen vogal palatal como última vogal do radical nas formas arrizotónicas manteñen

aínda o timbre etimolóxico, sexa e (advertir, servir) ou i (dividir). Polo

contrario, os verbos que no galego antigo tiñan o no radical mudárono en u nas

formas arrizotónicas. Desta maneira os antigos acodir, bolir, cospir, dormir,

foxir, polir, roxir, sobir, somir, sortir, tosir etc. (igual que moitas palabras que

tiñan a secuencia o...i: sotil, Loís, moíño, resocitar, roindade...), harmonizáronse

en u...i: bulir, -cudir etc. Este cambio (e ás veces o inverso: lucir > locir, fundir

> fondir) é xa antigo no idioma e hoxe está practicamente concluído. En

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!