14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Estar, tar. No galego oral existen dúas variantes, repartidas xeograficamente:

a forma plena estar, moito máis estendida, e a forma con aférese tar. A

forma plena é a normativa.

Estea, esteas etc. Na fala actual hai fundamentalmente dous resultados:

(es)teña, (es)teñas, (es)teña, que ocupa un dominio comprendido por unha liña

que, partindo de Ribadeo, baixa ata Carballedo (Lugo) e volve a subir ata a ría

da Coruña; o resto de Galicia di (es)tea, (es)teas, (es)tea etc. Na zona oriental

exterior hai restos de (es)tía, (es)tías, (es)tía etc.; na provincia de Ourense hai

puntos illados de esté, estés, esté (case sempre convivindo con estea); en dous

puntos da raia limega hai estexa, estexas [Z], como en portugués. Na época

medieval non se documenta senón esté, estés, esté. Estas formas son as que

responden ás latinas STEM, STES, STET, STEMUS, STETIS, STENT. (Es)tía, (es)tías,

(es)tía correspóndense cunha forma protorrománica *STEAM, *STEAS, *STEAT

etc., que se conserva tamén no romanés (3ª sg. sa* stea, 3ª pl. sa* stea), no italiano

(stia, stia, stia, stiamo, stiate, stiano) e no occitano antigo (estía, estías,

estía, estían); nótese o paralelismo con día, días etc. As formas (es)teña,

(es)teñas etc. son analóxicas de teña, do verbo ter; estexa é analóxica de sexa;

e (es)tea é xerada polo mesmo procedemento mencionado antes para dea (vide

17.3.4): (es)te- considérase radical (como le-, de ler) e increméntaselle un sufixo

modo-temporal a (como le-a); igual ocorrera xa na época latina: a steengadíuselle

o sufixo modo-temporal de FIAM.

Aínda que todas as formas son xeradas polo propio galego, escóllese

estea como normativa por ser a que ocupa unha área maior.

141

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!