14.05.2013 Views

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

Normas ortográficas e morfolóxicas - Inicio

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

xeral son palabras que aínda se senten como non plenamente incorporadas

ao idioma.

Escríbense con -o as voces currículo, espírito, ímpeto, memorando,

referendo e tribo.

9.12. -IÑO/-IÑA E -INO/-INA

Nas palabras patrimoniais a terminación latina -INUM/-INAM deu en

galego -iño/-iña, que é tamén a forma xeral do diminutivo. Así: andoriña,

campiña, casiña, campesiño, comiño, mariña, mariño, menciña,

pequeniño, veciño etc. Remata tamén en -iño mesquiño e pergamiño.

Os préstamos, latinos ou non, adoptan a terminación -ino/-ina:

albino, anilina, anxina, aquilino, asasino, aspirina, bencina, bizantino,

bobina, bovino, brillantina, buguina, canino, cantina, capuchino,

carabina, cartolina, casino, clandestino, cocaína, codeína, coralino,

cortina, cristalino, destino, disciplina, divino, doutrina, ensino, escarlatina,

esquina, estricnina, estudantina, felino, feminino, gabardina,

gasolina, glicerina, granadino, guillotina, heroína, interino, intestino,

ladino, latino, mandolina, margarina, masculino, matutino, medicina,

morfina, muselina, nicotina, nitroglicerina, oficina, ondina, palatino,

parafina, penicilina, peregrino, piscina, plastilina, porcino, propina,

proteína, rabino, repentino, resina, retina, ruína, sacarina, sibilino,

sonatina, supino, taurino, toxina, turbina, ultramarino, vaselina, vespertino,

vitamina, vitrina, xacobino, xelatina, xenuíno etc.

9.13. -E

Rematan en -e as palabras patrimoniais procedentes de étimos latinos

en -INEM (home, virxe, orde, imaxe, chantaxe 'planta', feluxe), os continuadores

dos neutros en -MEN (crime, exame, lume, costume etc.) e os

galicismos en -axe (chantaxe 'extorsión', homenaxe, liñaxe, viaxe etc.).

61

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!