25.04.2013 Views

Dicionario terminolóxico da vestimenta tradicional galega e ...

Dicionario terminolóxico da vestimenta tradicional galega e ...

Dicionario terminolóxico da vestimenta tradicional galega e ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Proxecto de fin de licenciatura

Manuel Souto Pico - Universidade de Vigo, 2003

comunicaren 35 , aceptando e reflectindo numerosos casos de variación denominativa ou

conceptual e podendo chegar mesmo a cuestionar os dicionarios normativos. A

atribución de rangos na escala de preferencia pasa, pois, por coñecer o uso que fan os

especialistas e as opinións que teñen a respecto dese uso (Conceição 1994: 34), en

detrimento do criterio do propio terminólogo ou das autoridades lingüísticas, para, só

despois nunha fase posterior, e só se for preciso, é dicir, só en casos de idiomaticidade

precaria flagrante do termo (por calco ou por excesiva vulgarización), propor unha

forma alternativa de recambio para algunhas denominacións (na nota).

A remisión, que é unha relación recíproca entre dous termos, neste dicionario

sempre ten unha finalidade informativa: para ampliar información, especificar relacións

con outras formas do mesmo campo ou contrastar con equivalentes semánticos parciais

ou totais, destacar variantes dialectais, destacar hipónimos, etc., por medio dos códigos

seguintes:

véxase vid.

confróntese con cfr.

sinónimo absoluto sin.

sinónimo complementar sin. comp.

variante dialectal var.

exemplo (hipónimo) ex.

Nos casos de dous termos perfectamente sinónimos, a información completa figura

na entrada do primeiro termo por orde alfabética (vid. chapeu vs. sombreiro), e na ficha

dos termos remitidos para el só se inclúen as informacións peculiares deles, é dicir,

categoría gramatical, contexto, fonte, remisións propias (variantes gráficas) e nota. No

caso das fichas de termos sinónimos en relación de desigualdade (dos cales un é

considerado como principal ou prioritario), na ficha dos termos remitidos para este, é

dicir, os secundarios ou complementares, a información completa só figurará na ficha

do termo preferente.

As remisións de tipo prescritivo, pois, foron postas de parte neste traballo,

limitándome a sinalar o uso prioritario do termo preferente nos casos en que cumpre

evitar unha denominación polo motivo que for ou sinalar a existencia de alternativas a

35 «Les comunicacions (...) orals i escrites són la font bàsica d’extracció dels termes» (Cabré 1992: 259).

60

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!