25.04.2013 Views

Dicionario terminolóxico da vestimenta tradicional galega e ...

Dicionario terminolóxico da vestimenta tradicional galega e ...

Dicionario terminolóxico da vestimenta tradicional galega e ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Dicionario terminolóxico da vestimenta tradicional galega e proposta dun sistema de

representación conceptual dinámico para a súa consulta onomasiolóxica en liña

un nivel superior de consideración sociolingüística, sempre mediante a asignación dos

códigos sin. comp. ou var. ao termo remitido non preferente (sinónimo complementar) e

do código vid. ao termo preferente.

Figura 10: Relacións estabelecidas pola remisións

Se ben é certo que un traballo destas características, producido nunha sociedade

como a galega, non pode ignorar a presión que exerce a lingua española sobre a galega

e, subsecuentemente, a masiva incorporación de termos alleos en todas as áreas do

coñecemento, incluída a que nos ocupa, en detrimento de formas propias ou de

mecanismos propios de creación de denominacións, non obstante, á parte a ortografía,

non considero lexítimo un control externo aos especialistas deste campo (intervención

na terminoloxía usada por eles). A razón de considerar os termos non priorizados como

sinónimos complementares e non como termos rexeitábeis radica en que, lonxe das

preocupacións de imposición dos termos da terminoloxía wüsteriana ou tradicional e

polas razóns esgrimidas na sección 3.1.3. Obxectivos, o que eu pretendo é describir a

terminoloxía que é funcional na comunicación dos especialistas e só preocuparme nun

segundo plano de valorar súa idiomaticidade, que sinalo, cando é dubidosa, unicamente

ofrecendo advertencias ou recomendacións de uso por medio dos códigos sinalados.

Só despois de fixar a definición dos conceptos (ao mesmo tempo que ía desbotando

aqueles termos que non encaixan no SRC) procedín a considerar o nivel de preferencia

entre as diversas denominacións concorrentes (Fedor: 104), estabelecendo as remisións

pertinentes, sempre no seu campo propio e non no texto da definición, xa que son

denominacións diferentes do mesmo concepto. Os criterios utilizados para a marcación

da prioridade son, en orden de preferencia ou importancia, (1) o criterio normativo, (2)

o de aproximación ao portugués e (3) o da forma maioritaria. É dicir, nalgúns casos

prioricei unha denominación que non é maioritaria para facela coincidir coa forma

61

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!