29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

100

Ao ser o colexio de integración, todo o

alumnado deficiente auditivo comparte aula

cos seus homólogos oíntes; o grao de

integración varía en función das

características psicoevolutivas, curriculares,

lingüísticas e sensoriais dos alumnos e

alumnas. Ademais de asistir a aula ordinaria

este alumnado recibe apoio nas aulas de

audición e linguaxe (nalgúns casos

soamente para rehabilitación logopédica e,

noutros, para logopedia e reforzo

pedagóxico nas áreas curriculares nas cales

é preciso). Un pequeno equipo composto

por mestras de audición e linguaxe e

pedagoxía terapéutica realiza estes apoios.

“Don Semáforo está malito”,

unha obra de teatro como base

para traballar a educación en valores

con deficientes auditivos

A expresión corporal é un recurso utilizado

por deficientes auditivos e oíntes para

favorecer ou salientar a comunicación,

sendo máis importante nos deficientes

auditivos, tanto nos que usan un modelo

comunicativo preferentemente signado,

como nos que o seu modelo comunicativo

é fundamentalmente oral.

A través da convocatoria da Dirección Xeral

de Tráfico do concurso de

teatro para nenos/as con necesidades

educativas especiais, propuxémonos como

obxectivo principal a posibilidade de

traballar a través dunha área transversal

como é a educación viaria, outras como

a educación en valores, a educación

ambiental e as demais áreas curriculares,

partindo dunha obra de teatro, a través da

cal se intentou que o alumnado interiorice

as normas básicas de educación viaria de

forma vivencial, recoñecendo a súa

importancia mediante a experiencia,

para favorecer actitudes e comportamentos

de respecto a elas.

Empezamos por escribir unha obra de

teatro para o noso alumnado deficiente

auditivo. A tarefa non foi doada polas

grandes diferenzas entre eles (idade,

desenvolvemento madurativo, grao de

perda auditiva, nivel de comunicación oral

ou signada, autonomía motriz, etc.).

O resultado foi unha obriña en tres actos

titulada “Don Semáforo está malito”, cunha

narradora e 11 personaxes, cada un deles

pensado para un neno ou nena en concreto.

A narradora é unha florista que encarna

o respecto á natureza, os restantes

personaxes son unha panadeira,

os estudantes, a bailarina e o seu pai,

o gato, o empresario, os futbolistas,

o médico e o personaxe principal, o semáforo

que representa a axuda aos demais.

A acción desenvolvese en “Pueblo Bonito”

un pequeno pobo no cal a natureza coas

súas árbores, flores,... envolve os

personaxes para crear un ambiente en que

o aspecto principal é o respecto e a axuda

aos demais xunto coa importancia das

normas de educación viaria.

Os contidos básicos foron moi amplos

e centráronse nas áreas de identidade e

autonomía persoal, coñecemento do medio

físico e social e comunicación e

representación para educación infantil;

e lingua, matemáticas, coñecemento do

medio, educación artística e educación

física para primaria.

Ademais das actividades vivenciais que

se realizaron, elaboramos unha unidade

didáctica que abarca diversas áreas do

currículo partindo desta obra de teatro

“Don Semáforo está malito”. As actividades

propostas foron numerosas, posto que

precisabamos actividades que se

adecuasen en cada área do currículo

a cada un dos nosos alumnos.

Aínda que esta unidade didáctica nos

permitiu traballar aspectos básicos

como adquisición de vocabulario,

construción de frases, lectura e

comprensión de textos, numeración,

problemas con operacións básicas,

coloreado, recortar e pegar, etc. a obra foi

fundamental para traballar valores, entre os

que destacamos o coidado e respecto pola

natureza, a non discriminación e a

igualdade entre as persoas, o traballo

cooperativo, a axuda aos demais,

a tolerancia, o respecto ás normas.....

Os actores e actrices da nosa

pequena-grande obra foron conscientes

de que o seu papel era prioritario e

igualmente esencial era o dos demais,

así apoiáronse uns a outros dun xeito

marabilloso para que o resultado final

fose adecuado.

Podemos concluír que esta experiencia foi

enormemente positiva tanto para o

profesorado como para o alumnado; para

os primeiros por ser unha maneira distinta

de achegamento ao currículo que resultou

de grande interese tanto pola motivación

que espertou como polos logros acadados

en cada unha das áreas curriculares.

Respecto aos alumnos, o feito de partir

dunha obra de teatro en que eles eran os

protagonistas xerou un interese desmedido

por cantas actividades se lle propuxeron en

relación co tema.

En liñas xerais podemos dicir que este

traballo contribuíu a mellorar no alumnado

as capacidades de actuación autónoma

favorecendo a iniciativa e confianza en si

mesmos en relación coas normas de

educación viaria; favoreceu, ademais,

o respecto e coidado da natureza do seu

contorno máis próximo, sendo o máis

destacable da experiencia o respecto

dos nenos e nenas polas diferenzas

individuais de cada un e o espírito de axuda

que se creou e se extrapolou aos demais

ámbitos escolares.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!