29.04.2013 Views

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

14_Saudiña - Sergas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Temporalización

10 de xaneiro:

reunión profesorado. Decisión sobre o tema

que se vai tratar.

12, 13 de xaneiro:

asignación dos grupos (dentro das aulas)

16–20 de xaneiro:

xuntanzas de 40 minutos (sempre das

11.20 ás 12 h.) por grupos. Cada un dos

15 grupos tiña asignado un lugar de

xuntanza; o alumnado dos cursos

superiores estaba encargado de recoller os

pequenos nas súas aulas respectivas.

23–27 de xaneiro:

realización das fotografías.

30 de xaneiro:

confección e colocación do mural.

3 de febreiro:

festival da Paz.

7 de febreiro:

avaliación final por parte do profesorado.

Grupo CONVIVIMOS Grupo XOGAMOS

Actividades

As actividades realizadas están en parte

descritas no punto de metodoloxía.

Para deseñalas tivemos en conta unha

serie de estratexias didácticas que nos

parecen fundamentais:

— Participación do alumnado en todos os

aspectos posibles (elección do tema,

elaboración das normas de traballo de

cada grupo, toma de decisións, etc.)

— Traballo cooperativo.

— Provocación de conflitos

sociocognoscitivos en temas afectivos.

— Proposta de experiencias que

cuestionen estereotipos.

— Adopción de posturas integradoras ante

a diversidade de alumnado.

— Fomento do traballo simbólico,

con asunción de roles para abordar

determinados conflitos, angustias e

situacións da vida que dificilmente se

poderían tratar de xeito directo.

Enumeramos a continuación as actividades

secuenciadas e incluímos a ficha de traballo

utilizada para a reflexión dos grupos.

— Repaso das actividades realizadas en

anos anteriores para a celebración do

Día da Paz. Valoración.

— Decisión sobre o tema central da

celebración para o ano 2006.

— Busca de consenso para o lema deste

ano: “Se convivimos tanto anaco...

por que non darnos o mellor trato?”.

— Busca de conceptos relacionados

co lema. Remuíño de ideas.

— Asignación do profesorado

a cada palabra.

— Asignación de cada neno e nena.

Constitución dos equipos.

— Xuntanzas dos equipos.

Reflexión conxunta.

— Elaboración dun texto resumo por parte

de cada grupo.

— Decisión sobre a forma de expresar

nunha ou varias fotografías

o concepto traballado.

— Realización das fotografías.

— Confección do mural.

— Acto central coa lectura dos textos

elaborados por cada grupo e actuación

de Marta González Quintana, profesora

do centro e integrante do dúo de arpas

celtas “Sete Saias”.

Grupo PERDOÁMONOS

35

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!